Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aí está a cuestión

jueves, 21 de julio de 2016
No artigo anterior falei da miña querida escola da infancia; unha escola que en pouco se parece á actual.
Naqueles tempos non tiñamos ninguna recompensa ó remata-lo curso como non fora subir ás cerdeiras e comer tantas cereixas como nos apetecía, mentres duraban.
Os medios eran os mínimos dos mínimos.

Hoxe en día teño constancia de que celebran unha festa que lle chaman “graduación” ó remate da Educación Infantil, outra ó remate da Primaria e así sucesivamente.
Tamén teño noticias de que van pasar unha semana a outro país para celebrar as boas calificacións da infancia.

Permítame que me faga unhas preguntas como profesional do enxino que fun durante corenta anos:
PARA QUE UN NENO EN IDADE INFANTIL SE APLIQUE…
¿Hai que facer unha gran festa ó remate do curso?
¿Non é o seu deber?
¿Fai algo extraordinario?
¿Onde está o gozo: en alcanzar coñecementos ou na festa?
Por esa regra de tres, cando esa criatura traballe nunha empresa, tamén lle terán que facer unha festa ou regalarlle unha viaxe ó extranxeiro cada ano.
¿Non nos estaremos equivocando con tanto premio como se de algo extraordinario se tratara?
¿A vostede que lle parece?

Non hai punto de comparación entre os medios que tiñamos fai cincuenta anos e os de hoxe en día.
O sistema educativo -por moito que haxa quen o censure- evolucionou moitísimo.
Hoxe en día os colexios están moi ben equipados, os profesionais do ensino: moi ben preparados, o alumnado asiste puntualmente tódolos días…
Hoxe en día ningún neno falta á escola por ter que axudar na casa, afortunadamente.
Neso tamén gañamos moitísimo. ¿Certo?
Pero segue habendo fracaso escolar e outros moitos problemas. ¿Cales son as razóns?
Cando existe tanto fracaso escolar, as súas razóns haberá; pero cabe preguntarse:
¿Hai tantas razóns para fracasar na escola obrigatoria ou creámolas?

Hai quen di:
-Que agora o mundo vai así.
-Que os novos ven a vida doutra maneira.
-Que a culpa tena a sociedade…
-Etc, etc…
O caso é ter a quen bota-la culpa.
¿Por que os de antes saímos adiante e avanzamos ata conseguir o que chamamos sociedade de benestar?
Ó meu humilde parecer hai algo mi claro:
-Sentíamos necesidade de superarnos.
-Valorábamos o esforzo.
-O sacrificio era costoso, pero non renunciábamos a el.
Aquela situación non permitía “fetexos” nin “graducacións”, nin “regalos”.
Bastante tiñan as familias con alimentar, vestir, calzar e dar unha preparación o mellor posible á súa descendencia
Daquela non se falaba da crise, pero había moita máis necesidade que agora.
As persoas soñaban con superarse e loitaban por superarse.
Non se esperaba nada de nadie.
Se querías algo, tiñas que loitar por el.
¿As familias de agora non teñen abondo con alimentar, vestir, calzar e dar unha preparación á súa descendencia?
¿Cómo podemos falar de crise se gastamos tanto en festas, cumpres, graducacións e outras..?
¿Cómo van a sacrificarse os nenos de hoxe se lles damos tantas cousas feitas?
¿Qué lles queda por facer a eles?
¿Onde quedan os soños e a loita pola superación?
¿Pode acaso esperarse que nestes tempos, alguén che regale algo?
¿Onde están os que regalan?
A min nunca me regalaron nada.
O certo é que temos a vida nas nosas mans.
Cadaquén xestiónaa según lle parece.
Cada persoa constrúe a súa propia realidade.
Non estaría de máis plantexarnos preguntas como estas:
¿Qué futuro queremos para os nosos sucesores?
¿Qué futuro lles estamos preparando?
¿Qué podemos esperar dos que veñen detrás se non os preparamos para loitar por un mundo mellor?
“PREPARANDO UN MUNDO MELLOR”
Este será o título do seguinte artigo porque todos estamos implicados nun labor de tanta importancia.
Grazas polo que deixa loitado para que os que veñen detrás saiban esmerarse para teren un futuro prometedor, non só para eles, senón para nós tamén aínda que sexa na etapa final desta vida.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES