Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E agora, as eurocidades

miércoles, 27 de diciembre de 2006
Sabemos cales son as grandes cidades galegas: As catro capitais de provincias, máis Vigo, Santiago e Ferrol.

E coidabamos que, ó estar plenamente integrados en Europa, estas cidades xa de por sí eran “eurocidades”, pero agora enterámonos que esta denominación corresponde a outro tipo de poboacións.

Hai tratos para que a primeira eurocidade de Galicia naza no sur, da conxunción de Chaves (Portugal) e Verín (Ourense-Galicia-España).

Requisito previo é a autoestrada en construcción entre Verín e Feces, na fronteira con Portugal, que vai enlazar coa A-24 de Chaves a Vila Real. Así, as dúas localidades (Chaves, con 30.000 habitantes e Verín con 14.000) formarán unha soa, separadas unicamente por 23 km de vía de alta velocidade.

A relación entre as dúas vilas existíu sempre, antes con fronteira e agora sen ela, pero moitas máis barreiras caeron que a mesma fronteira, e máis caeran cando se dispoña de dúas grandes superficies industriais, a de Portugal xa construída, a galega a punto de contar cun millón de metros cadrados para a instalación de empresas.

Visto desde Europa, Galicia e o norte de Portugal forman unha mesma rexión, e o Alto Támega engloba unha ampla zona na que Chaves e Verín van ter personalidade propia.

Cousas veremos neste mundo cambiante, no que cada vez máis é imposible estar sólos, e no que as repercusións van ser importantísimas na comarca, na provincia, na comunidade autónoma e no estado ó que as cidades pertencen.

A unidade vital do futuro non será un pobo, a cidade, a provincia, a comunidade… A unión imponse, e as alianzas transfronteirizas son algo que soa moi novo, pero ó que deberemos acostumbrarnos no camiño do progreso, con figuras ou formas que hoxe nin podemos imaxinar. ¡Que sexa para ben!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES