Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En canto pasen vinte anos

miércoles, 27 de diciembre de 2006
Triste morte política a dos políticos, case todos gafados pola multitude que quere ver pasar o cadáver do inimigo (ou do amigo).

Os inimigos que foron creando, permanecen, medran. Os amigos que parecían ter xurdido como fungos, en ignorado paradeiro.

Autoridades de outrora pasan desapercibidos pola rúa. Mentres se está no cargo, aquelo parece o máis importante, máis importante cá propia vida familiar. Pero o que parece gloria, dentro duns anos será po (Sic transit). Todos deberían telo en conta, porque nisto dúas décadas poden ser esquecemento total.

Hai vinte anos, quen parecía imposible chegase gobernar Lugo, doíase das feridas producidas polos seus soñando imposible victoria: ¡Cantas cousas imos facer xuntos cando eu sexa alcalde”!. Tomabámolo a broma. Visto está que todo pode chegar, e tamén logo pasa.

Moitos dos que van quedando atrás, escoria dos altos fornos dos partidos políticos que queiman peor ca lume, son imaxe na que mirarse. Que Santa Lucía dea boa vista ós políticos en activo para ver de lonxe o posible futuro, non mellor que o que agardou ós que foron antes ca eles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES