Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Discamino

miércoles, 20 de julio de 2016
Este mes, a través do meu amigo Juanda, descubrín unha gran iniciativa de Javier Pitillas que está facendo dende 2009 realidade moitos soños que semellaban perdidos para sempre na utopía. Vivindo á beira do camiño non hai dúbida que unha das máis grandes aspiracións é percorrelo bebendo da fervenza cultural que nos transforma. Cando tes unha discapacidade isto parece imposible pero non hai imposibles que resistan vontades fortes.

O dito anteriormente faise realidade ano tras ano grazas a un grupo de voluntarios coordinados por Javier Pitillas que de xeito decidido e solidario fan realidade a utopía dos soñadores. Coido que quen lea isto saberá captar esta iniciativa en toda a súa inmensidade porque é imposible condensalo neste artigo.

Para empezar hai que falar da diversidade que trae o camiño como unha oportunidade de descubrirnos no mosaico interactivo da humanidade.
Dentro desa diversidade é fundamental que a funcional estea presente. Por iso o equipo de Javier Pitillas dispón de cadeiras adaptadas e o Concello de Vigo presta unha destas cadeiras a toda persoa que estea interesada nesta experiencia.

O Camiño é o mellor exemplo de que é posible unha sociedade aberta á súa propia diversidade. Discamino é o mellor exemplo de que non existen barreiras cando a vontade humana se tece en interdependencia.
Remato felicitando a Juanda por esta nova meta, por este novo éxito desa vontade firme e fonda coa que tece as ledicias da vida.

http://discamino.org/es/sample-page/
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania