Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Feliz Noiteboa!

martes, 26 de diciembre de 2006
¡Ditoso sexa, amigo/a, nesta “boa noite” e en todas as noites e días de todos os anos! A noite boa será boa noite si o é para todas as persoas. Si é boa para aos nenos, xoves e vellos. Para aos enfermos e sans, ricos e pobres, negros e brancos, nativos e inmigrantes. Para crentes e non crentes. Para os que vimos do mesmo tronco e cremos no mesmo Deus (xudeus, cristiáns e musulmáns) e para os das outras relixións orientais e tribos africanas e americanas. Deus veu ao mundo para salvarnos a todos. Sen exclusións. Todos somos fillos do mesmo Deus. Do Deus que veu compartir vida na sinxeleza e debilidade dun Neno. Dun Neno Deus, Pai/Nai que se fai un de nós e inicia o camiño da felicidade a base do amor sen distincións de persoas, razas, pobos e crenzas. Dun Deus que se fixo home (“humano”) para que nós nos fixeramos irmáns (máis humanos) uns dos outros. Aquí radica o principio da felicidade á que todos estamos chamados. E comeza xa se nos queremos, axudamos e construímos fraternidade. Esa é a nosa tarefa e compromiso. Se imos nesta dirección... ¡Vai ser feliz a Noiteboa do 2006!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania