Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Insisto no do grifo

jueves, 14 de julio de 2016
Dous meses despois de que a catedral de Ourense comezase a cobrar polo servizo de visitas que ofrece, leo no xornal do pasado venres, que somos os galegos os que máis contrarios nos amosamos por ter que pagar.

Como xa escribín daquela ó respecto, e con tal motivo expuxen unha serie de argumentos que teñen moito que ver co pouco valor que nós mesmos -os galegos- lle damos ó noso, xa sexa o "noso" patrimonio arquitectónico, o "noso" arqueolóxico, ou o "noso" patrimonio cultural ou natural, permítame de novo, benquerido lector, incidir nos considerandos reproducidos daquela, porque creo que os que estamos a favor de darlle valor de seu ó "noso", debemos insistir e insistir ata a saciedade, entendendo que o turismo cultural, máis alá das portas que noutrora pechaban a cidade de Santiago, xamais se desenvolverá como merece, en canto non teñamos claro isto.


Concretamente di, de xeito literal, a información publicada por este xornal, que os galegos somos os máis reacios a pagar "por ver" a catedral".

Pois ben, fronte a iso, igual que fixen naqueles días de implantación do novo modelo de acceso á catedral, eu volvo poñer o exemplo do grifo e da auga potable que usamos para bebermos, para cociñarmos ou para aseármonos nos nosos propios fogares.

Cando un abre a billa e ve saír auga polo cano a fartar, non se pon a pensar se o líquido que salfire o buraco é caro ou barato, se lle chega gratis á casa ou se está pagando por elo, porque simplemente ten interiorizado que é un servizo público esencial para as nosas vidas, que ten unn custo para facelo chegar ata as nosas casas e que, polo tanto, sería imposible que no lo ofreceran se cada quen no pagara polo seu consumo o que en cada caso lle corresponde pagar.

É dicir, que o consumidor da auga do grifo -vostede, eu, o de máis alá- non paga por "contemplar" a billa -xa sexa aberta ou pechada-, senón polo servizo que lle ofrece a cada quen a "municipalidade".

Pois, do mesmo xeito acontece coa catedral ou con calquera outro monumento de aquí ou de acolá que un desexe visitar.

Por iso que o pago debe ser feito, non por contemplar o monumento, senón polo servizo turístico que se ofrece. Outro debate -repito- é se o servizo é bo, malo ou regular, e se, polo que por el se cobra, é ou non proporcional.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES