Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enfrontamento entre un economista e un ilusionista

jueves, 14 de julio de 2016
En certa ocasión estaba realizando unha sesión de ilusionismo ante un público moi variado e, pra darlle certa gracia a un efecto, pedín a colaboración de catro espectadores, tres pra escribiren nunha libretiña un sumando cada un, e o cuarto pra facer a suma. Logo, sopraron os catro sobre un abano (ou abanico en galego máis usual), que previamente se ensinara con todo o país en branco, no que de remate aparecía o resaultado da suma.

O efecto resultou ben e viuse coroado polos aplausos do público, conforme ó que é habitual nestes casos; pero aínda ben non cederan os aplausos, ergueuse un espectador que estaba lonxe aló ó fondo, tan lonxe que, sendo a actuación en Ferrol el parecíame andaluz, e díxome:

- ¿Puedo hacerle una pregunta?
- Naturalmente, -respondín-, se sei contéstolle e, se non, sentímonos máis unidos na mutua ignorancia, porque a ignorancia cando é recoñecida e compartida tamén une, e en cambio, cando é disimulada, separa.
Seguiu el, sen facer moito caso das miñas filosofadas:
- Soy economista.
- Encantado, -repliquei-, eu non. Son utópico e cura, o mellor utópico por ser cura. Veña a pregunta sen máis voltas pra non incomodar ó persoal.
- ¿Podría conseguir usted el mismo efecto sin el soplo?

Pareceume unha pregunta máis pra facer en privado ca pra facer en público, pois, se lle dicía a verdade, quedaba o xogo en coiros; pero con todo, contesteille:
- Si, naturalmente. O sopro so é, como lle diría eu?, o revestimento.
Moi serio e engordando a voz seguiu el:
- No olvide mi condición de economista en activo... Si podía lograr el mismo resultado sin el soplo, ¿cual es su utilidad y su rentabilidad. Noconsidera una pérdida de tiempo y un despilfarro de energías hacer soprar inutilmente a cuatro personas?

Ante os seus razoamentos axiña me din conta de que aquel economista estaba gravemente enfermo; pois tiña entangarañada a imaxinación e sufría parálise de fantasía, co que estaba a piques ficar coa creatividade esterilizada. E de todos é ben sabido que, cando deixan de funcionar a imaxinación, a fantasía e a creatividade humanizante, reactívanse a intransixencia e a intolerancia que son as nais de tódolos conflitos.
Profundamente condoído pola súa grave enfermidad tratei de aclararlle:

- Mire, señor economista, o sopro élle rendible, sabe, porque ven a ser como unha páxina de poesía entre cada catro de economía. O sopro élle esa mapoula que medra sen que se saiba quen a sementou no medio e medio da erma leira da monotonía. O sopro élle esa forza misteriosa que atoa os canóns das amas bélicas pra que se neguen a seguir disparando. O sopro, meu señor, élle a festa que no verán se repite en cada vila e en cada aldea pra seguirmos sentíndonos vivos os veciños. O sopro tamén lle é o Espírit, o luz e forza. E por último, señor, o sopro élle un potente deterxente que lava e rexenera certas mentes pra que non se siga medindo por máis tempo o progreso da humanidade en dividendos e tantos por cento, senón en graos de humanismo.

Houbo un forte aplauso, quizabes arrincado polo son empregado na resposta. Son de moito convencimento e pronunciado con toda a autoridade que dá falar desde máis arriba, desde un escenario, e aquel economista abandonou o local dando un forte portazo, sinal evidente de que se sentíu vencido, pero non convencido. Os outros seguimos ata rematar aquela sesión de soños feitos realidade, na esperanza de que mentres viva a utopía hai esperanza, aínda que non sempre poida ser cuantificada en fríos números.
Xosé Manuel Carballo
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES