Sobre a TVG e a TVE2
X.X. - martes, 26 de diciembre de 2006
Unha película da Galega
Televisión Galicia emitiu días pasados a película Inferno de covardes protagonizada por Clint Eastwood, que me chamou poderosamente a atención polos dous instantes que contemplei, quero supoñer que froito da casualidade.
Practicando o necesario zapping, cambiando de cadea continuamente forzado polas programacións existentes, atópome cunha escea na que o xinete solitario arrastra a unha rapaza ata un alboio, no que a viola coa natural resistencia inicial, que logo se transforma no tamén natural disfrute.
Sigo a cambiar, e cando volvo á película da galega, o mesmo personaxe acomódase pola forza nunha habitación na que a ocupante feminina o ameaza cunhas tixeiras para que non lle faga o mesmo que á outra rapaza, ó que o protagonista responde que ben que o pasou naquel percance.
A situación resólvese do mesmo xeito, coa manifesta satisfacción final da afectada.
¿Debía TVG suprimir a emisión desta película?. Por menos motivos póñense advertencias na parte inferior da pantalla.
Diante dunha situación así, froito dunha época distante e distinta, algo compre facer para evitar que alguén poida pensar que ese é un comportamento correcto.
A película, dirixida polo mesmo Eastwood, preséntase como posuidora dunha dose de humor negro tan cruel que roza o sadomasoquismo. ¡Pois vaia!.
Erro garrafal na TVE2
Na 2, na segunda cadea de Televisión Española, chamada a ser unha canle cultural, tamén ten erros. Graves.
Un deles, o pasado día cinco de decembro, no programa Saber y ganar, que pretende e consegue promover a cultura, a intelixencia, a memoria, a repentización.
Un letreiro neste programa proclamaba a definición DESAUCIADO. Pero para ser ben, fáltalle unha h entre a ae a u.
Mágoa que non supervisen mellor algo tan básico.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora