Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tesouro de San Gonzalo

martes, 12 de julio de 2016
O Consello da Cultura Galega, que preside o prestixoso intelectual nado en Xermade da Terra Chá, Ramón Villares, ven de publicar unha obra co título de “GALICIA CEN. Obxetos para contar unha cultura” que se resume na idea de contar a cultura galega a través de obxetos.

A iniciativa xorde da reflexión de que, ademais de preservar os valores culturais do pobo, é preciso realzar o valor do patrimonio cultural e facilitar a maior difusión e disfrute por parte da cidadanía. Entre o cento de traballos que nutren as 350 páxinas do volume atópase “O TESOURO DO BISPO GONZALO”; componse dun anel e un báculo, noutrora pertencentes ó bispo Gonzalo Froilaz. O anel é a peza mais destacada, de ouro,con cuarzo traslúcido suxeito por catro cabeciñas de paxaro, moi ben traballadas. O mais destacable é a inscripción que leva: “NOLO ESSE DATUS NEQUE VENUM DATUS”, que se traduce por “Non quero ser doado nen vendido”.

Pola súa banda o báculo é de pequeno tamaño(10 cm.), de bronce cicelado que se decora con triángulos alternados e dourados que da orixe no centro a unha especie de rombos; nos seus extremos unhas molduras da paso ó bastón e á voluta; ésta ten forma de animal, de serpente, e remata nunha cabeza que leva bóla na súa boca.

Anel e báculo son símbolos clásicos do bispo, dos cales o primeiro representa o seu matrimonio tanto con Deus como coa súa diócese e o segundo a súa calidade de pastor dos homes e mulleres polos que cuida e vela, o seu pobo diocesano.

Os ouxetos foron atopados en 1648 no sarcófago de pedra situado na nave sur da igrexa de San Martiño e retirados dalí en 1914. O sarcófago foi secularmente atribuído a don Gonzalo, bispo de Mondoñedo entre 1070 e 1108. Don Gonzalo formaba parte da familia mais poderosa de Galicia dos séculos XI e XII, ó ser irmán do Conde de Pedro Froilaz, aio de Alfonso VII; familia coñecida como “de Traba”, os seus bens patrimoniais centrábanse nas terras de Trastámara, entre o río Cambre e o cabo Ortegal, do bispado de Mondoñedo.

A lenda conta cómo don Gonzalo vence milagrosamente dun ataque vikingo as costas da súa diócese, efeméride que en breves datas se celebra en Foz coa festa do Desembarco Normando. A identificación dun bispo milagreiro, só coa axuda divina, deuse tal vez grazas ó seu destacado sepulcro na catedral por él reconstruída, en San Martiño de Mondoñedo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES