Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os políticos, a política e 2006

viernes, 22 de diciembre de 2006
O fin de ano é ocasión propicia para o resume, suma e segue, balances ou recapitulacións.

É obrigado mirar para atrás, para xulgar se o ano foi ben aproveitado ou resultou un tempo perdido.

Pero nin o ano é o culpable, nin as cousas son dunha cor determinada, nada é absolutamente branco ou negro, senón gris. O panorama é unha gran gama de grises, unha gran mancha gris.

O ano deixounos imaxes irrepetibles, algunha delas estes mesmos días cando nos foi dado ver nas pantallas da Tvg a Barreiro Rivas conversando con Fernández Albor, quizais por primeira vez nun cuarto de século.

O ano deixounos imaxes de convivencia imposible entre socialistas e nacionalistas no goberno de Galicia, facendo fronte común diante do maioritario Partido Popular, compartindo cotas de poder co mellor dos sorriso hacia fóra e mantendo as distancias con total fiereza hacia dentro.

O ano deunos imaxes de lume e auga, de confrontación e desgana.

O ano vai rematar sen que os tres partidos se poñan de acordo no fundamental en relación co novo Estatuto, que empeza pola denominación de Galicia diante do mundo.

O ano remata, despois dos fastos da celebración do cuarto de século do Parlamento, coa liorta entre o Bng e o Psoe, polos acordes do himno galego interpretados á guitarra de Cuchús Pimentel en lugar de gaita e tamboril.

Posiblemente o ano remate, no Parlamento ou fora, alzando copas de cava ou viño do país, brindando polo porvir, pero para a maioría dos galegos o ano remata entre vana palabrería, co triste regusto dun tempo perdido.

Os políticos, a política e 2006, en Galicia, coma sempre. Ou sexa: mal. Gris. Coma o terreo queimado e logo enlodado. Unha gran mancha gris.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES