Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concorrencia competitiva

viernes, 08 de julio de 2016
Se vostede, benquerido lector, non ten máis relación coa administración xeral ou coa administración local en particular, cá de ir de cando en vez procurar algún certificado, pagar algunha multa ou aboar relixiosamente os seus impostos, é posible que o titular que acaba de ler no capitel desta columna lle soe a música de jazz ou a mapuche.

Ora ben, se por un casual forma parte dalgún colectivo profesional, algunha asociación -teña ou non ánimo de lucro- ou mesmo ten relación directa cos órganos administrativos dalgún municipio, estou seguro de que ó ler o titular é coma se lle mentara a bicha.

Explícome. Concorrencia competitiva é un concepto xurídico que algún ilustre administrativista inventou en aras da presunta igualdade e non discriminación de trato da Administración á hora de destinar os recursos públicos á colaboración cos administrados e mesmo coas administracións de menor rango.

É dicir, poñamos por caso que o Goberno do Estado decide axudar ós emprendedores -que tanto están de moda- e para iso publica no BOE unha orde na que redacta unha serie de condicionantes baremados que os que opten a este tipo de axuda deben cumprir, sendo beneficiados aqueles que acaden meirande puntuación no cumprimento dos devanditos condicionantes. Ben, ata aquí todo correcto porque algunha regra de medir hai que ter e probablemente -coma a democracia entre as diversas fórmulas de goberno- esta sexa a menos mala.

Sen embargo, se isto está ben naqueles casos nos que os posibles beneficiarios son particulares que optan ás axudas unha ou dúas veces nas súas vidas, no caso do que me quero ocupar, que é a relación interadministrativa, é un lastre que ten hipotecada sobre todo á administración local, que é o derradeiro elo da cadea e, polo tanto, a máis perxudicada.

Se algunha empresa desas de avaliación institucional se puxera a facer un cálculo do número de recursos humanos (e, polo tanto, económicos) que a administración dedica a ler os diarios oficiais, cumprimentar os formularios para solicitar subvencións que en moitísimos casos non son concedidas ou son concedidas nunhas condicións que despois os concellos non dan cumprido, asustariámonos dos milleiros de millóns de euros que marchan pola "alcantarilla".

O colmo do absurdo son os recursos que neste caso a Xunta achega para financiar persoal que dedica toda a súa xornada laboral, precisamente, a solicitar as subvencións que logo son publicadas no diario oficial.

De aí que, dado que andamos iniciando os pasos para unha nova lexislatura na que se presumen moitas reformas, eu poño por riba da mesa esta, se realmente queremos que os municipios -sobre todo os pequenos- non morran de inanición antes de que Mariano Rajoy -como din en Portugal- se reforme.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES