Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Haberá máis mal ca ben?

jueves, 07 de julio de 2016
Hai a impresión, polo menos eu téñoa se non me paro a pensar, de que lamentablemente é máis noticia o mal ca o ben; pero tamén que, afortunadamente, hai máis ben ca mal. Se me paro a pensar, ou repaso detidamente un xornal, a impresión non é a mesma, senón que habitualmente tamén aparecen máis noticias boas ou indiferentes ca malas; pero as malas impactan máis.

Sexa como sexa, nesta miña colaboración quixera dar dúas, una mala e outra boa, á miña maneira de ver.

A mala é que está a cumprise un ano da morte inesperada dunha muller coñecida miña e á que trataba coma ó resto da súa familia. Esta muller foi vítima dun ictus, parece ser que a terceira causa de mortes en España aínda que non todos sexan mortais de necesidade, pero pra ela foino cando se aproximaba ós sesenta anos. Cando eu eras pequeno as persoas de sesenta ano, polo menos no rural, xa eran vellas.Agora con sesenta anos moitas e moitos están na plenitude. Esta estábao. Xuntamente co seu esposo atendían un explotación gandeira mediana que lles permitía, a pesar das dificultades polas que pasaron e pasan gandeiros e agricultores, sacar adiante tres fillos, ter a maquinaria necesaria e outras comodidades que non é cousa de pormenorizar agora. Cando nos xuntábamos na comida de festa de outros familiares víanse a todos animosos, contentos e con proxección de futuro.
Pero irrompeu a norte trucando todos os proxectos e sumindo no descontento, no desconcerto e na incerteza. Que ía pasar? Como se ía facer? Sería unha casa máis que se pecha?

Aquí creo que comeza o boa noticia, aínda que a bondade absoluta é inalcanzable por estas terras. A filla maior, María Jesús, que ten feita a carreira de dereito con moito aproveitamento e estaba preparando oposicións, renunciou a moito e veuse prá casa coa fin de acompañar a seu pai e algo máis. Moito máis! Seguiren coa explotación polo menos ata que´seus irmáns teñan rematadas as súas carreiras e enfocado o seu futuro.

Falando disto alguén comentou, creo que sen mala fe: “Bueno, o da explotación teno seguro e as oposicións, quen sabe?” Que gana se non deixar abrir venás! Unha explotación gandeira xa non é seguro pra ninguén e, se o fose, non lle faría falta facer dereito e callos nos codos preparando oposición. Ese ¿seguro? xa o tiña antes de empezar o bacharelato.
Agora pregúntome por mor de volver ó de se haberá máis ben ca mal ou á viceversa, cantas maríasjesuses houbo e hai? Responde eu mesmo: Moitas!! Moitos!!. Pero non son noticia. E cantos país coma o de María Jesús, co corazón constrinxido por perder á muller e ver que una filla sacrifica anos de esforzo pra esforzarse naquelo pró que non foi preparada? Moitos tamén!!

Onde poño pai póñase tamén nai e onde digo filla, dígase tamén fillo.

Póñase ou dígase, pero con reservas e sen xeneralizar, que eu tamén vivín estoutra experiencia: Díxenlle una vez a un, non sei se aínda mozo ou xa home de 25 anos coa carreira de profesor rematada e oposicións aprobadas: -Tiñas que mirar algo por túa mai que o está pasando moi mal e teu pai non lle está axudando, precisamente. A resposta foi: -Que se amañen, que eu non lles pedín que me fixesen.

Pareceume inútil perder o tempo razoando e non necesitei nin medio minuto pra darme conta de que aquel xa homo ou aínda rapaz podería chegar a ser un gran profesor, pero nunca nin un mediano mestre. Non sei quen me dixo que ensinantes destes hai moitos, porque o progreso ven por aí e ben á vista está o fracaso da chamada familia tradicional e dese tipo de educación que impide a cada un voar libremente por onde queira e como queira, sen ataduras legais, morais nin afectivas. Non sei se crelo ou non, pero sei que o desarraigo familiar e a ruptura coa familia non é nada moderno, que é moi propio de filosofías totalitarias de sempre e de agora e tamén de sectas relixiosas de agora e de sempre.

O que tamén sei é que quizabes me impactou máis a mala resposta do pedagogo ca boa conduta da avogada e de todas as maríasjesuses.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES