Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 08 de julio de 2016
Deportes e cultura

Dicionarios sobre a mesa. Libros sobre a mesa. Tempo que corre, que pasa. Música que soa. Unha alpargata que quere caer do pé dereito. Non a deixo. Un asubío na rúa. E aplausos polos Pingas de orballoauriculares nun concerto de jazz de Stanley Jordan. A muller que empeza a fochicar pola cociña, preparándolle a merenda ós rapaces. A televisión está apagada. Hai pouco mantívena acendida para ver a segunda etapa do Tour de Francia. Que marabilla!; está a piques de acabar a Eurocopa de fútbol, pero empeza o Tour. Señores, o Tour é o Tour. E tamén temos os Xogos Olímpicos á volta da esquina. Deporte e máis deporte. Tamén terei tempo para ler, e para ver películas, e para traballar na viña. Nesta, se non hai tempo, hai que sacalo de onde sexa. Que remedio! Onte tocou sulfatar. Mañá tocará limpar os balados. Pasado mañá ou outro día calquera tocará eliminar as herbas. Polo medio de todo iso, algúns cafés, algúns escritos, algunha obra de teatro se se terza, ou algún concerto. Isto xa é cousa da Casa de Cultura Manuel María de Barbadás. A ver!, hai representacións teatrais ou concertos por outros lugares; pero xa non estou para eses trotes, e moito menos se chego de dar golpes cun fouciño ou cunha fouce na Costa da Gándara. Rematou de soar o jazz de Stanley Jordan. Tamén rematei o relato.

Polas carballeiras da melancolía

Pingas de orballo
Charlie Parker deixa caer polos auriculares a súa música de jazz para que un servidor saia á ventá, contemple a noite e pense que non todo é como se pensa. Non. Ás veces saen os tiros polas culatas. O peor é se non te atopas no Oeste; se estás, por exemplo, nun campamento sioux, que non ten nin winchesters nin colts. Alí, o máis seguro é que saian as frechas para atrás. Pois coidadiño cos ollos! É igual, no Oeste ou no alto do Himalaia tamén se torcen as cousas. Coma nos eidos. Bótalle unha ollada ós sucos dun eido, de calquera eido, e verás como sempre hai algún que saíu torto. É que a vida ás veces dáche cada tremor, cada susto que te ladeas, que te torces. Ou que coxeas. Máis ou menos. Segue o saxofón de Charlie Parker para que eu siga divagando porque de algo hai que morrer, digo que algo hai que facer, sexa en liña recta ou sexa dando reviravoltas polas carballeiras da melancolía. De que melancolía, oh, de que melancolía? Da que sae dese saxo que viaxa polos soños dun papel en branco. Pero hai papeis que están máis esborranchados co demo. A cuestión está en como estivo, está ou estará o demo. O demo é algo máis que unha representación dun espírito maligno con rabo e cornos. O demo vai máis alá do inferno. Digo eu. Penso eu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES