Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matizacións e reflexións na morte de Pinochet

jueves, 21 de diciembre de 2006
Fai unha semana que finou o xenocida Pinohet, o dinosauro dos dictadores militares latinoamericanos. Coido que xa é hora de facer certas matizacións e reflexións dunha traxectoria ao longo dos anos en Chile e o resto dos países do entorno.

No momento de finar, Pinochet estaba procesado como presunto autor de secuestros, homicidios, torturas e violacións dos dereitos humanos, entre eles a “Caravana de la Muerte”, unha comitiva militar que executou a 75 presos políticos nun percorrido por Chile en 1973.

Pero como sucedeu e está sucedendo aos dictadores sobreviventes daquela doutrina de seguridade nacional, este dictador foi o chibo expiatorio dun golpe de estado e un proceso represivo planeado e dirixido polo Pentágono. Naquelas datas eu vivín ese golpe de estado cunha rabexa fora do normal, polas súas connotacións de traizón a un pobo que camiñaba pola senda da xustiza social e dun reparto máis equitativo das riquezas do pais. Dentro das limitacións que a dictadura franquista nos deixaba cos seus mas-media, informando mal e pouco e terxiversando as novas, tratei de informarme por outros medios da realidade do que estaba a pasar, e sacando as miñas conclusións cheguei ao que moita xente xa sabe, e que hoxe están documentalmente demostradas.

Detrás daquel golpe contra Allende e da dictadura de Pinochet que veo a salvar a Chile do caos, estivo o Departamento de Estado e os mesmos bancos e multinacionais que hoxe controlan o sistema económico e productivo de Chile con democracia e eleccións. Pinochet, como Stroessner en Paraguai ou Vídela en Arxentina, foron uns pezas dun dispositivo militar destinado principalmente a rematar con todo militancia revolucionaria dos anos 70. Todo isto era polas disputas e por áreas de influencia que mantiñan EE.UU. coa URSS. Agora tanto a prensa como os sistemas neoliberais dalgunha esquerda progresista, que hoxe están no poder neses estados “democráticos” que seguen controlados por Washington, agochan ese servilismo ao imperio e poñen como asasinos e xenocidas (que non deixan de selo) aos dictadores de latinoamérica, onde algúns deses demócratas de hoxe foron consentidores e algunhas veces colaboradores daqueles estados de represión.

Aquela rede represiva chamada “doutrina de seguridade nacional” que facía de guía ás dictaduras sudamericanas naquelas datas dos anos 70, foi articulada polo Pentágono e o Departamento de Estado conxuntamente cos réximes destes países da zona, foi a responsable de milleiros de asasinatos, torturas e desaparicións de militantes combativos da esquerda, que loitaban para cambiar o sistema de dependencia do goberno de USA e das grandes corporacións norteamericanas que estaban a explotar as riquezas deses países.

Nalgúns xornais da actualidade, cómplices do sistema que agocha o carácter antisistema e revolucionario das víctimas de Pinochet onde as pon soamente como persoas, tratando de poñelo como crimes comúns, onde de verdade foi unha represión militar planificada.
Pinochet non foi un xenocida demente, como algúns o queren poñer, estaba moi cordo, foi un instrumento dese proceso de represión militar que saíu das mentes retorcidas do Departamento de Estado norteamericano, en especial daquel Henry Kissinger personaxe sinistro ao que lle deron o Premio Nobel da Paz. Hoxe admítese a súa participación na organización do golpe de estado contra o goberno Allende, no golpe de estado de Uruguai. Pero tamén o acusan de organizar aquela operación Cóndor, que era un plan sistemático de facer desaparecer a opositores. Apoiou a alentou o golpe en Arxentina, foi cómplice e do estimulo da desaparición, eliminación dos opositores neste pais.

Coñécese a súa implicación directa nos bombardeos secretos de Laos e Camboia, que foron ordenados sen permiso do Congreso. Devanditos bombardeos serviron para que os jemeres vermellos accedesen ao poder, do que servirían para asasinar a máis de dous millóns de persoas. Tamén este sinistro personaxe apoiou ao réxime de Suharno, acusado de xenocidio contra a poboación de Timor Oriental.

O xuíz Garzón enviara unha comisión rogatoria referente a violacións dos dereitos humanos, pero o Departamento de Estado de EEUU rexeitouna. Existen hoxe numerosas iniciativas para acadar o seu procesamento ante instancias xudiciais internacionais, así como a retirada do seu premio Nobel. Premio que non deixa de ser un sarcasmo.
Ante todo isto, cando se pide o castigo e condena de Pinochet, en ningún momento mencionase en que contexto histórico e en que proxecto internacional actuou este dictador. Non se menciona a EEUU, Nixon e Kisssinger, impulsores e sostenedores do golpe contra Allende, como está longamente documentado. Tampouco se pide castigo para os bancos e multinacionais apoiando ese golpe e que hoxe actúan co goberno “progresista” de Bachalet.

O xenocida de Pinochet, odiado e condenado socialmente (non xudicialmente, a gadaña da morte foi máis rápida que a lentitude da xustiza), finou aos 91 anos de idade, pero mentres o sistema de dominio imperial que o perpetuou no poder e logo o defenestrou, segue vivo e coleando na América Latina.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES