Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por enriba de muros e valados

miércoles, 06 de julio de 2016
Dicía Sabino Arana que "si nos dieran a elegir entre una Bizkaya poblada de maketos que sólo hablasen Euzkera y una Bizkaya poblada de bizkainos que sólo hablasen el castellano, escogeríamos sin dubitar esta segunda, porque es preferible la sustancia bizkaina con accidentes exóticos que pudieran eliminarse y sustituirse por los naturales, a una sustancia exótica con propiedades bizkainas que nunca podrán cambiarla". Pois ben, eu penso exactamente o contrario, para min o feito racial é superfluo fronte o feito cultural. Este feito, o cultural, vén marcado dende sempre por unha continua relación entre pobos que dalgún xeito provocou o progreso e o avance histórico. Polo tanto non creo na pureza senón na mestizaxe que, en pé de igualdade , forxa reciprocamente o crecemento colectivo.

O meu ideario vai máis ben acorde co de Celso Emilio, de quen collo un verso prestado de "Irmaus" para titular este artigo. Dicía neste poema:

"Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo."

Vén todo isto a conto porque hai 15 días apareceu no facebook de Ciudades Family Welcome un vídeo experimental que propón aos participantes saber a ciencia certa as nacionalidades que garda o seu ADN. Os resultados revolucionan aos participantes ata o punto de amosarlles, nalgúns casos, que aquilo que crían ser ao 100% só representa o 5% da súa carga xenética.

O traballo conclúe que "un mundo aberto comeza cunha mente aberta" pero a min gustaríame tirar outra conclusión: ten razón Morín cando afirma que “El tesoro de la humanidad está en su diversidad creativa pero la fuente de su creatividad está en su unidad generadora”. Todo reside na creatividade do ser humano que provoca o avance histórico, social e cultural. A partir de aquí os alicerces da humanidade deconstrúense nun continuo diálogo que recrea culturas e comparte ideas cara o porvir.

Eu son galego porque aprendín a selo, non por predeterminación!, dende o meu ser galego ábrome á humanidade en pé de igualdade para coñecer e compartir formas de vida. Nesa igualdade dos soños, dos rostros e das ideas que derruban muros, valados e fronteiras temos que camiñar cara as Grândolas do porvir; sabedores de que o futuro vén da man dunha sociedade que respecte escrupulosamente as distintas formas de enfocar a existencia humana.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES