Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin visto nin oído

lunes, 04 de julio de 2016
Nin visto nin oído. O repaso que nos pegou Italia nos oitavos de final da Eurocopa. E chegoulle tan só o primeiro tempo. Sobroulles medio partido. Que forma de xogar! Para a casa. A buscar culpables. Coma sempre: un culpable tan só. Se fora todo o equipo xa se falaría de fracaso. Pero de fracaso, nada de nada. Que na primeira fase seica bordamos a fútbol. Contra un equipiño chamado Turquía, no que ata nin Arda Turan estivo ben. É dicir, contra catro mataos. Así é que o equipo non fallou. Errou tan só un compoñente. Ou De Gea ou Del Bosque ou Sergio Ramos. É igual; agora xa está. Así, cos cartos que se aforran, énchense máis e máis as arcas de Ángel María Villar.Nin visto nin oído

Nin visto nin oído. Nos medios de comunicación. O atentado do aeroporto Atatürk de Istambul. Total, que son 44 mortos? Nin punto de comparación cos 137 de París. Vaiche boa! Por iso os de París saíron unha e outra vez nos medios, case, case coma se fora a fin do mundo. Que demo, os turcos son turcos! Outra raza. Tamén outro ataque talibán a un autobús policial deixou 38 mortos en Kabul. Onde? En Kabul; non o viches na prensa?. Viña alá nunha esquiniña da páxina tal. Total; onde queda iso... nunhas terras cheas de terroristas. A eses estalles ben empregado. Outra cousa é que foran europeos. Ou sexa, civilizados.
Nin visto nin oído
Nin visto nin oído. O esperpento da mente española. Canto máis fundidos estamos, máis apoiamos ós que nos funden. Falo das eleccións. E sae o que eu digo: que temos tan asumido o da corrupción que animamos a que nos sigan roubando. É dicir, que nos dean. Por algo tamén dixen sempre: Galicia, o cu do mundo e Ourense, o ollo do cu. Por ese sitio nos dan. Son un profeta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES