Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que sempre fale o Parlamento

jueves, 21 de diciembre de 2006
O Parlamento ven de estar de cumpreanos: Vintecinco. Vodas de prata no Parlamento de Galicia, desde aquel momento en que por primeira vez na historia o noso País conseguía ter voz propia.

Os galegos, naquel decembro de 1981, non eramos conscientes dabondo do que estaba comezando, da transcendencia da mesma constitución dun Parlamento que representaba ós galegos, primeira institución dun País que foi reino, que comenzaba a súa andadura coas palabras de Manuel Iglesias Corral pedindo a axuda do Deus dos galegos.

Durante este cuarto de século, o Parlamento, con altibaixos, foi medrando de cara ó exterior pero tamén no interior de nós, collendo corpo, facéndose Institución cada vez maís… E o que ó comezo era especialmente un símbolo, con sede prestada, improvisando camiño, chegou a ser vintecinco anos despois algo plenamente incardinado na nosa vida, no noso sentir.

Na celebración do vintecinco aniversario, o Parlamento foi unha festa. Unha festa da palabra.

¡Que nunca esqueza o Parlamento que ese é o seu papel!. Nin o Parlamento no seu conxunto nin cada un dos seus membros en particular.

Un refrán dos nosos vellos proclamaba “Que falen cartas e calen barbas”, para destacar a prevalencia da documentación sobre a voluble palabra. Non tiñan, ou non tiñan tan perto de si, un Parlamento.

Nós, aquí e agora, temos que proclamar a devoción pola palabra, a palabra en paz, a palabra como solución de tódolos conflictos.

Que sempre fale o Parlamento. Que nunca perda a palabra. Porque o día en que a palabra non sexa a dona do Parlamento, ou este non existirá, ou non tería razón de ser.

Desexamos, como Cunqueiro para o idioma, mil primaveras máis para o Parlamento de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES