Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oración por Rosalía Torrado

viernes, 08 de julio de 2016
Señor… somos moitos os que vimos das terras de Lugo, especialmente da Terra Chá, para rezar aquí por Rosalía Torrado nesta súa despedida terrenal.

Manuel María, amigo directo de moitos de nos e indirecto de todos os galegos, cando tiña afecto, querencia, por un tema determinado, Oración por Rosalía Torradoafirmaba que “era moi parcial” desa cuestión…

Pois os que aquí vimos rezar por Rosalía, somos “moi parciais” dos Blanco Torrado, e de toda a familia. Pouco importa que trataramos pouco a Rosalía, e que fixera tempo que non nos viramos… A familia ten na nosa terra un embaixador que leva varias décadas facendo patria galega da cultura e da sociedade… e en Guitiriz temos un enclave de Ponteceso que se chama Alfonso Blanco Torrado. Que como bo embaixador tróuxonos máis que información desta terra, levou aires pondalianos á Chaira, e conquistou os nosos corazóns pola dedicación e polo agarimo.

E non tivemos máis remedio que ser “parciais” dos Blanco Torrado, e quixemos vir a Ponteceso para desde aquí rezar por unha muller que tanto ben nos fixo, directa e indirectamente, entregándonos un fillo –e aquí permitídeme atopar paralelismo bíblico- para que nos servira cunha entrega exemplar, sen límites de tempo, sen límites de esforzo, sen límites.

Por iso, Señor, estes “parciais” dos Blanco Torrado, facendo honra a aquelo que aprendemos de nenos de que “rezar era levantar o corazón a Deus e pedirlle mercedes”, erguemos Señor a ti o corazón, e pedímosche a mercede de que acollas no teu seo á túa serva Rosalía, que tanto creu en ti, que tanto se entregou aos demáis, á súa familia –a ti, en definitiva- e que agora está na Luz e na vida plena, recollendo os froitos da súa entrega multiplicados pola túa misericordia.

Gracias, Señor por Rosalía e por todos os Blanco Torrado… mulleres coma ela, e xentes coma eles, son os que fan grande a unha terra… e ti sabes, señor, que gracias a xentes coma estas, Galicia é unha terra moi grande. Amén.

(En Ponteceso, no funeral de enterro de Rosalía Torrado).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES