Policías contra bombeiros na Coruña
Editorial - martes, 19 de diciembre de 2006
Policías contra ladróns foi o primeiro xogo infantil de moitos galegos. Todos, querendo ser policías, ser dos bos, os que gañaban sempre.
Quen militaba no bando dos ladróns era á forza, porque alguen tiña que ser, porque se non hai malos nunha historia tampouco hai bos, ou non destacan.
Esa dicotomía bos-malos ven de sempre ata este mesmo momento. E de cando en cando descubrimos que hai algún estado máis aparte desa polarización.
Porque os que se enfrontan ós policías, ou ós que os policías se enfrontan, non sempre son os malos, os que delinquen, os que merecen castigo.
Na Coruña, días pasados, á Policía tocoulle bregar de xeito especial cando lles ordearon cargar contra bombeiros que se manifestaban na Deputación Provincial, co resultado de cinco bombeiros feridos por esixir un novo convenio laboral, que pouco despois sería aprobado admitindo case todo o solicitado.
De nenos, non houberamos entendido a situación xa que automáticamente -e os nenos máis aínda- os bombeiros están sempre no bando dos bos.
A policía combate de parte de quen goberna, para manter a orde. No caso que nos ocupa, de parte da autoridade da Deputación, que pide liberar os accesos ás súas dependencias, e normalidade para a vida corporativa.
Cinco feridos é moi violento resultado para combatentes do mesmo bando, que non teñen ninguén enfrente.
Os bombeiros deben refrenar os seus ímpetus e ós policías non hai que envialos a loitar cos seus iguais. Os que fallan son os políticos por deixar chegar as situación ata a violencia. E daquela é moi difícil controlar o que alguen se empeña en facer incontrolable.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora