Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espallar o bo

miércoles, 29 de junio de 2016
Esta semana reparei nun vídeo do facebook de "adolescentes con personalidad" onde unha nai é chamada pola directora do centro para falar do comportamento do seu fillo David de 6 ou 7 anos. A nai acude a cita con seriedade e medo pensando o que faría o pequeno. O caso é que a titoría é para falar de Rodrigo, un neno ao que David quere moito e ao que día a día apoia nas súas dificultades de inclusión e en determinadas tarefas da vida diaria.

Recoñecendo que o feito de que isto sexa noticia quizais é unha mala noticia, tamén sinto a necesidade de facerme eco (na medida das miñas posibilidades) das boas accións porque coido que o bo sempre é semente de porvir. David e Rodrigo vólvense un auténtico exemplo de humanidade que hai que destacar e potenciar.

Aproveitando o seu exemplo debemos reflexionar sobre a loita pola inclusión. Unha loita que ten a obriga inescusable da denuncia pero tamén ten a obriga de visibilizar e potenciar aquelas iniciativas ou persoas que forxan benestar.

Erguer estes exemplos como estandarte multiplica a nosa forza coa enerxía telúrica desas persoas que, con pequenos actos, mudan vidas e tecen silenciosamente outro mundo posible que leva as cores ledas dunha utopía que vén de camiño.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania