Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mandiá: Unha festa gozosa e ben xeitosa

martes, 28 de junio de 2016
Primeira Comuñón
Mandiá, 12-06-2016.

Na actualidade a nosa poboación é moi idosa e maioritariamente estamos xa ben avelloados.
Ter sete nenos que nos fan visíbel que vén alguén detrás, é un milagre que hai que celebrar moi en serio. Con moito tino e sentidiño.

Durante tres cursos, a ritmo semanal, eles, os seus papás e mamás e toda a parroquia vivimos xuntos e comunitariamente a experiencia do crecemento integral de todos nós, intentando pillarlle o sentido  fondo e esperanzado á vida.“Temos futuro, temos mañá”.(Fuxan os ventos). Merece unha festa comunitaria. Foi gozosa e ben xeitosa. Abofé.

Queremos facervos partícipes da nosa alegría, porque iso tamén é multiplicar o pan de vida.
Un saúdo. Xaquín Campo Freire.


1.- Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo:
Que nos bendiciu na persoa de Cristo
Que nos elixiu na persoa de Cristo
Que nos predestinou na persoa de Cristo para sermos seus fillos adoptivos.

2.- Irmáns: eu recibín do Señor unha tradición que vos transmito:
Na noite na que o ían entregar tomou un pan, deu grazas e partiuno dicindo: tomade e comede, este é o meu Corpo que se entrega por vós.
E así mesmo fixo coa copa: este é o meu Sangue.
Facede isto en memoria de min. Por iso, cada vez que comedes deste pan e bebedes desta copa poclamades ao Señor ata que volva. Na entrega.

3.- Os discípulos dinlle a Xesús:
̶ Despide á xente. Que se vaian. Xa é tarde
̶ E por que se teñen de ir? Dádelles vós de comer.
̶ Nós!? Se inda non temos para nós?
̶ Mandádelles que senten e empezade a repartir todo o noso, empezando polos máis necesitados e os nenos e as mulleres.
E houbo pan a repartir. Ata para recoller sobras.

4.- Grazas pais e nais. Grazas a todos pola entrega, a fe e a confianza. A cotío, coma Xesús, facedes e facemos todos o milagre: Facer posíbel o pan. Toda clase de pan e para todos.
Vedes por que este é o sacramento da nosa fe? Non só de pan vive a persoa humana. Enchamos a vida co pan de vida.
O alimento debe ser pleno:
Mandounos sentar, repousar, falar. Animarse.
Creou alí unha comuñón. Naceu unha comunidade:
O acompañamento mutuo: escola, saúde, alegría, etc.
A axuda nas necesidades e nos apuros da vida. Amizade. Amor, etc.
Como? Crendo en Deus e crendo en nós, como Deus cre en nós.
E dando todo: do que teñamos e o que poidamos.
Compartindo. Axudándonos. Ninguén é abondo en por si. Necesitámonos todos.
Iso tamén é Comuñón.
Hoxe queremos compartir tamén o noso pan, a nosa alegría, a nosa festa.
A colecta irá para Cáritas, para os necesitados de pan. Para os refuxiados, etc.
Este é un signo. O símbolo do que estamos e estaremos a facer cada día.
A comuñón non acaba aquí.
Volvemos á vida e é nela que debemos cumprir o mandamento do Señor: alimentádeos vós!
Alimentemos os arredores e as contornas de cada un de nós.
Fagamos un mapa realista das necesidades no mundo. E deixémonos interpelar.
Vexamos, con realismo e xenerosidade, como facer comuñón intentando sermos o máis eficaces posíbel.

A Primeira Comuñón é un comezo para a adultez. Non é o día dos nenos. É o día de toda a comunidade. É o día da Comuñón. Este é o sentido. Vén aí moi axiña unha crise de crecemento: a adolescencia. Necesitades e necesitamos seguir traballando unidos, facendo comuñón e vivindo en común en todos os ámbitos: humano, intelectual, cívico, relixioso,etc. Fóra das drogas e de dependencias alleantes. Que non nos rouben os fillos! Anímovos a que sigan nos grupos de confirmación da fe e da esperanza. Necesítano eles, vós e todos nós.

Que alegría teremos dentro duns anos véndoos animados e en grupos. Cheos de vida! Con relacións sanas, sanantes e sandadoras, abríndose camiño na vida e creando condicións de pan e comuñón. É un día grande. Grazas!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania