Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (XI)

lunes, 27 de junio de 2016
O verdadeiro Deus é o amor

Sempre o atopo só-dixennle a xeito de saúdo cando o vín en Burela.

-¿Non sabes iso de que é mellor só que mal acompañado? Eu son coma un can solitario, que aproveita isa soedade para reflexionar. Por exemplo, o outro día ti falábasme das maravillas de Galicia e non reparabas no noso retaso con relación a outras comunidades. A vosoutros ceganvos unha paixón, coidando que os que criticamos somos malos galegos, e non é certo. Nós, o que procuramos e colle-lo tren do progreso, despabila-las conciencias cívicas, supera-la apatía que é ise noxento sentimento de frustación continua. Nós negámonos a aceptar como un axioma ise faltalismo de que non podemos facer nada máis que chorar e iso non é certo. Se un voto non val moito, un milleiro xa da que pensar e un millón poden cambiar moitas cousas

- ¿Fïxose de Podemos?

-¿Xa estás ti coas túas parvadas? Ises rapaces o único que fan é movilzar un descontento social derivado dos recortes, a reforma laboral, o paro, a emigración da xuventude… Moitas cousas que se fan e fixeron mal. Parece que agora algún descubriron a corrupción e iso vense a practicar desde tempos inmemoriables, ¿Cómo se ían, por exemplo, entregar tarreos públicos na beiramar a certas empresas se non houbera oscurantismo, amiguismo, presiós políticas e funcionarios dóciles?

- Pois en Galicia case non hai corrupción…

-¡Pero, ti ¿es parviño de todo? ¡Mira, paspallán: Eu conozo máis Galicia que ningún outro sitio e dígoche, sen ningún medo a equivocarme, que non hai terra máis corrupta e para iso expricoche as razóns: O galego é práctico, ten moito de miserable, non fala craro, hai moito cobarde…

- ¡Pare o carro que se embala…! Está a insulta-los galegos.

- Non, paspallán, estou a describilos. Eu non son dises escritores miñaxoiñas que sempre están a falar duns galegos imaxinarios que formaban parte do exército de Breogán. Eu falo dos galegos cos que me atopo todo-loas días e están máis pendientes de gañar o viño xugando a partida que de axudarlle á muller nas tarefas da casa.

- Agora salme feminista…

- ¡Tés pior os tornillos que a miña bicicleta! Moi parviño es, rapaz. ¿Ti pensas? Porque cabeza non pareces tela. Eu non falo nunca de Machismo nin Feminismo senón da igualdade entre o home e a muller, en igualdade, iso significa que son iguales ¿ Entendelo? . Por exemplo, en Galicia hai un matriarcado, entre outra razóns porque o home galego é deixado e a muller sabe gobernar moito mellor que il. Dicía miña mai , e non sen razón, que en toda casa hai que ter un home…aínda que non vaia para nada.

E marchou ríndose a gargalladas e cantando: “Guanta la mea, guajira, guanta la mea… A súa versión de “Guantanamera”.

- Porque non a tés. ¿Qué é iso do Feminismo e o Machismo? Aínda non te decataches que na Galicia da que falas goberna o matriarcado porque é quen sabe face-las cousas?. Dicía miña nai que sempre hai que ter un home na casa aínda que non vaia para nada.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES