Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Síndrome de Estocolmo

sábado, 25 de junio de 2016
O 26 de xuño terá lugar de novo algo que nunca poderei entender. Como é posible que xente desafiuzada vote polas persoas que os botaron das súas casas? Gandeiros que apoien ós que os afunden pagándolles 28 céntimos o litro de leite. Emigrantes vitoreando ós que multaron o seu esforzo de toda a vida no estranxeiro. Xoves afincando polos que os condearon a colgar o seus títulos e poñer copas nun furancho de Londres. Matrimonios, que non se ven ata a noite, cando recollen os cativos dos avós, dando a papeleta ós diseñadores dos seus traballos lixo e “conciliación familiar”. Anciáns rozando a indixencia, condescendentes cos herdeiros de Don Manuel, porque foi él quen lles deu a paga.

Empresarios arruinados (por pagar honradamente os seus impostos) nos mítines dos que pagaron as obras da sede Génova en B. Ignorantes que votan para que España non se rompa. Ou non se convirta nunha Venezuela e poidamos ter papel hixiénico a esgalla. Afectados da banca entregándose ós señores das tarxetas black. Usuarios da cociña económica coas siglas dos que se repartiron obscenamente sobres cheos de billetes de 500. Miserables entregando o seu voto ós responsables da súa miseria. Non vou revelar o sentido do meu voto porque é intrascendente. So significar que ver todo isto. Ver incluso a país, que están vivindo un inferno por mor da dogradicción dos seus fillos,votar polo timonel de Marcial Dorado é superior a mín.

Definitivamente o 26J volverei a sentir arcadas. E vergonza. Moita vergonza da miña xente e do meu país.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES