Os spots de Quintana
Editorial - lunes, 18 de diciembre de 2006
As emisoras privadas de radio de Galicia están a emitir uns spots informativos sobre as actividades da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar en relación coa terceira idade nas que queda perfectamente explicado o talante que impulsa esta actividade, os servicios que se prestan e as atencións que reciben os vellos.
Nun momento dado, no anuncio menciónase que o departamento está dirixido por Anxo Quintana. E eso desentona porque é personalizar un traballo colectivo, porque unha acción institucional non ten nada que ver ou non debe telo- coa persoa que accidentalmente ocupa determinado cargo político.
Sempre a terceira idade no punto de mira. De Fraga tense criticado pola entonces oposición, a organización de festas da terceira idade, a presunta orientación política das accións dirixidas á xente maior.
Agora, pouco cambian as cousas, as festas seguen, e os votos dos vellos interesan.
Pero nesta ocasión os organizadores da campaña pasáronse. E duns spots relativos ós servicios á terceira idade saíron uns inxustificables spots de Quintana.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora