Vivamos o presente en positivo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de junio de 2016
A vida, igual que as moedas, ten dúas caras: o lado positivo e o negativo; a cara e a cruz.
A vida é o antónimo da morte.
A vida é o mellor dos regalos.
A vida regalóusenos para que a disfrutemos da mellor maneira posible.
Que a vida ten moitas diificultades, que presenta moitos obstáculos; eso ninguén o pon en dúbida porque desde que chegamos a este mundo temos que ir superando etapas que levan consigo o seu prezo.
Pero superar etapas é positivo. A evolución consiste neso.
Con todo o esforzo que a vida esixe, sempre merece a pena. De feito ninguén salvo casos excepcionais- quere morrer.
Unha persoa centenaria non pensa que é demasiado maior. Déixase levar polo gozo de vivir porque vivir merece a pena.
Desde que nacemos ata que falecemos, estamos chamados a vivir, aínda que por outra banda, estamos morrendo cada día.
Estamos chamados a vivir e non a malvivir ou vivir de calquera maneira.
Estamos chamados a vivir dignamente apreciando a felicidade que nos proporcionan as cousas sencillas do vivir diario:
-Un sorriso.
-Unha flor.
-O rechouchío dun paxariño.
-Un aloumiño.
-Un alimento preferido.
-Un perfume.
-Un logro.
-Unha visita amiga.
-Unha felicitación.
-Unha conversación.
-Etc, etc.
Hai diferentes maneiras de vivir, pero todas teñen o seu lado positivo:
Un bebé:
-Ten que botar os primeiros dentes.
-Aprender a gatear, andar, falar
-Familiarizarse co mundo circúndante
Pero a cambio ve os seus progresos, avanza, recibe felicitacións, séntese recompensado, estimulado e feliz porque vive en positivo.
Un bebé nunca pensa no malo.
Por eso teñen tanto encanto.
Avanza porque vive en positivo, aínda que non sexa consciente debido á súa curta idade.
Un estudiante.
-Ten que apreta-los cóbados pero a cambio sente o enriquecemento interior.
-Comproba como se lle van encendendo luceciñas na mente que lle iluiminan o camiño da vida.
-Soña con chegar a ser alguén na vida, con emanciparse, con amar e ser amado, con fundar unha familia, con colaborar á construcción dun mundo mellor
Un estudiante sempre avanza porque vive en positivo gozando co que aprende e co seu enriqucemento interior.
Un adulto:
-Consegue a súa emancipación realizándose da mellor maneira según as súas posibilidades.
- Loita por superarse e mellorar á súa familia.
-Bótalle valor á vida deixando a un lado os estorbos e procura facer todo canto pode para deixar un bo legado.
-Vive en positivo porque non se deixa vencer polo desánimo.
-É un loitador empedernido.
-Ten fe no que fai e nel mesmo.
Na ancianidade tamén hai oportunidades para vivir en positivo:
-Manténdose activo mentres as forzas aguanten.
-Conservando as ganas de vivir.
-Aproveitando os recursos humanos e materialis que ten ó seu alcance.
-Mantendo o espirito xove.
-Levando con paciencia os achaques propios da idade.
-Deixándose querer.
-Aceptando as novas realidades que a vida lle vai presentando.
En tódalas etapas da vida se debe vivir en positivo aproveitando as oportunidade do momento, aceptando a realidade dos anos vividos e agradecedo o tempo vivido.
Se en vez de valorar o positivo, buscamos o negativo, seguro que o encontraremos, pero o que conseguiremos será amargarnos a nós mesmos e amargar ás persoas que nos rodean.
Se pasamos a vida vendo o mal que vai o mundo, aínda contribuiremos a empeoralo.
Seremos cada día máis negativos.
Se nos pasamos a vida censurando o mal que se comportan as outras persoas, automaticamente estarémonos preparando para comportarnos nós así.
Acrecentaremos a nosa negatividade.
O optimismo é unha ferramenta moi útil á hora de enfrontármonos cos obstáculos da vida.
Hai quen di que é propio de persoas intelixentes o saber adaptarse ás novas realidades da vida e sacar o mellor partido de cada momento.
Por mal que poidamos sentirnos, sempre hai alguna táboa á que agarrarse, agunha persoa disposta a botarnos unha man, algún remedio para os nosos males.
Para vivir en positivo hai que:
-Pararse a observar canto de bo nos pode ofrece-la vida.
-Cantas oportunidades se nos presentan.
-Cantos logros podemos acadar.
-En que medida podemos consegui-los nosos soños
-E sentir moito, moito agradecemento.
Está demostrado que as persoas que viven en positivo, son máis felices e viven máis que as amargadas porque en boa medida tamén son moi agradecidas.
Certo que os tempos que nos toca vivir presentan bastantes incógnitas, pero sempre foi asi. O futuro ninguén o sabe con certeza.
Ninguén é capaz de adiviñar o que vai pasar mañá, porque ninguén sabe se chegará a mañá.
Con todo e contra todo hai que vivir con tesón e esperanza, porque a esperanza nunca defrauda.
A ESPERANZA NUNCA DEFRAUDA
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración, nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora