Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facilidades para consumir

viernes, 15 de diciembre de 2006
A sociedade na que estamos inmersos xa de por sí ten activísimos mecanismos integradores para obrigarnos a consumir, a participar nas ofertas, a facer circular papel moneda ou tarxetas, ou calquera sistema que acredite que o usuario ten dereito a determinado producto ou servicio a cambio da contrapartida que se pacte.

Para os consumos programados, para os investimentos importantes, a banca tradicional ou as caixas de aforro teñen previsto enxeñosos mecanismos, os créditos, hipotecarios ou non, cos que se adianta a financiación necesaria, e o beneficiado comprométese á devolución futura cos incrementos legalmente previstos e pactados.

Pero abundan na actualidade empresas tiburóns da economía que, utilizando os medios de comunicación con campañas publicitarias agresivas, ofrecen créditos inmediatos, sen agardar, sen tramitar, case automáticos, que todos podemos conseguir para afrontar calquera gasto que queiramos efectuar.

Loxicamente, estes créditos inmediatos son tres ou catro veces máis caros que os habituais do mercado. E se nunha entidade bancaria tradicional “o diñeiro” custa arredor dun cinco por cento, aquí pode chegar ó vinte ou vintecinco por cento anual.

Animados por este fenómeno que arrecia polo Nadal, tempo tan dado ó consumo, tamén as entidades chamadas “de aforro” efectúan ofertas especiais, habilitan tarxetas de crédito, amplían límites… para animarnos a consumir. Como se fixese falta.

Nestes casos, os consumidores estamos inermes diante das agresións publicitarias, diante das forzas que temos enfrente. Que levan as de gañar porque xogan coas nosas ilusións, fomentan consumo e polo tanto riqueza.

¡Feliz Nadal!, e que non nos pase nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania