A Consellería de Traballo ignora á maioría dos Medios
Editorial - jueves, 14 de diciembre de 2006
A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia ven de publicar no D.O.G. un anuncio (24 de novembro), para adquirir espazos en prensa para a difusión de programas en materia de formación, ofertas de traballo, puntos de formación de emprego, e difusión de estudos, reportaxes e ampliación de novas relacionadas coas actividades da Consellería por un importe de algo máis de UN MILLÓN DE EUROS (1.064.160) (177.061.325 Pts.), a consumir en 24 meses e nos trece periódicos escritos de Galicia.
Resultan 44.340 ó mes, e a 81.858 cada xornal, se se distribúen de xeito directo por parte do adxudicatario que debe proporcionar espazos obrigatoriamente nos trece medios indicados.
Parece como se os parados e en xeral os interesados en temas de emprego só lesen prensa escrita para estaren informados, e non escoitasen as emisoras de radio, non visen a televisión, non fosen ó cine, nin entrasen - ¡válganos Deus! en Internet. Ata ahí poderiamos chegar.
Un Director Xeral desa Consellería que se dedica a temas de Formación (¡pásmense!) díxolle a Galicia Dixital que como había tantos medios en Internet (non sabemos onde ven tantos dedicados a fomentar o emprego) que non atendían a ningún deles, nunha orixinalísima concepción do apoio ás novas tecnoloxías e ós novos medios.
En www.galiciadigital.com temos un portal de Emprego que nunca recibiu a menor colaboración da Consellería de Traballo, e se facemos caso ás palabras do Director Xeral, máis parece que lles molesta a competencia que aprecian a colaboración.
O Conselleiro decide, e ahí está a convocatoria. Nós non facemos máis ca deixar constancia da inxustiza, do raso das miras, e de que se esqueza absurda e voluntariamente da inmensa maioría dos medios informativos de Galicia que, aínda que a Consellería non o entenda, non hai que escribir en papel para ser medio informativo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora