Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iríanos moito mellor

jueves, 16 de junio de 2016
Desafortunadamente, somos moitas as persoas que caemos nas tentacións que nos presenta a sociedade de consumo:

-Moitas somos as persoas que estamos máis ou menos “materializadas”
Vostede, pode que non, pero otras moitas si.
-Moitas somos a persoas que non poucas veces nos deixamos levar polos valores mundanos.

Paréceme que vostede, non; pero hai quen si.
Tamén hai persoas moi sensatas, pero non destacan tanto como as outras.
Xa se sabe a sensatez non fai ruido.
Actúa silenciosamente.

-Moitas somos as persoas que rexeitamos o sacrificio a cambio do doado.
Eso si: canto máis doado mellor.
¿A quen non lle gusta o fácil?

-Moitas somos as persoas que nos deixamos levar polas correntes do momento aínda que no fondo non nos convezan moito.
Se por nós fora non gastaríamos cartos nun restaurante para celebrar un bautizo ou unha comunión, pero…. ¡Como todos o fan..!

-Moitas somos as persoas que nos saltamos os valores fundamentais con bastante lixeireza...
Moitas…
Vexamos:
Aínda que todos intentamos levar unha vida moderada e equilibrada, non sempre o conseguimos.

Se botamos un vistazo ás cousas que temos nas nosas casas:
¿De cantas poderíamos prescindir?
Seguramente que de moitas.
¿Por qué queremos acumular e acumular bens perecedeiros dos que poderíamos prescindir?

Porque vai ser:
Porque caemos na tentación do materialismo e do consumismo.
Derrochamos moitas enerxías acumulando bens que moitas veces nin usamos. Gastamos cartos en cousas innecesarias.
¿Non nos iría mellor levar unha vida sencilla e menos complicada?
¿Cantas veces nos deixamos levar polo mundanal ruido?
Uns máis e outros menos, pero todos algo.

No tocante ós sacramentos:
¿Facemos un acto social ou celebramos un sacramento?
¿Ten sentido celebrar tanto un día para esquecerse ó día seguinte?
¿Cantas enerxías tivemos que gastar para celebar un só día?
¿Cantas veces optamos por comprarlle un coche a un xove en lugar de pagarlle unha formación para o día de mañá?
Un coche, unha moto… saltan á vista pero un día ou outro acábanse; pero a formación levaríase toda a vida encima.
Eso sí: o coche ou a moto, disfrútanse no momento, presúmese con eles, hai quen ata se dá aires de grandeza…

O pracer inmediato. Queremos todo ó momento.
Pero a nai natureza indícanos que todo necesita de tempo para a súa maduración.
¿Por qué nos empeñamos en nadar contra corrente?
¿Cantas veces poñemos un móbil en mans dunha criatura de curta idade aínda que no colexio nolo desaconsellen?
Moitas e logo queixámonos cando se meten en líos.

¿Cómo non se van meter se están inmaduros para usa-lo adecuadamente?
Cada cousa ó seu tempo

Así pasa con outras moitas cousas.
-¿Non nos iría moito mellor se fixeramos unha lista das cousas que necesitamos en vez de deixarnos levar polo que nos presenta ante os ollos o mercado?

As areas comerciais están psicoloxicamente pensadas para meternos as cousas polos ollos, pero os nosos ollos teñen que saber ata onde podemos chegar e onde temos que parar.
¿Ou non?
-¿Non nos iría moito mellor se tiveramos criterio propio para goberna-la nosa vida en lugar de comparámonos cos demais?

Se podemos darnos un capricho, ben está que nolo deamos; tamén o merecemos; pero que non sexa por querer ser máis que o veciño.
Nin máis nin menos. Cadaquén é cadaquén. As comparacións son odiosas. Con que cada un chegue ata onde lle dan as súas posibilidades, xa é suficiente.

Non é máis feliz nin máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita.
O que se conforma co que ten, está sempre ben.
-¿Non nos iría moito mellor se a nosa xerarquía de valores fora de espiritual a material pasando polo intelectual e non ó revés?
¿Non é máis importante un sacramentao que unha comida por moi apetitosa e suclenta que esta sexa?
¿Qué debería ser primeiro: o enriquecemento interno ou a apariencia externa?
¿Non é máis importante adquirir unha boa alimentación que levar unha boa gabardina?
¿Non nos iría moito mellor se foramos felices cos nosos logros que vivir amargados desexando o que nunca estará ó noso alcance?
A verdade é que nesta sociedade que nos toca vivir, andamos demasiado extresados e gastamos moitas enerxías en cousas de pouca importancia.

Hai quen pensa máis en conseguir cartos que en adquirir unha boa preparación.

Incluso hai quen pensa que dedicar tempo a prepararse é tempo perdido.

En fin…
O mundo está moi malo de amañar.
Nunca chove a gusto de todos.
De momento só podemos aproveitar o positivo que nos ofrece a vida neste momento que nos toca vivir.

¡VIVAMOS O PRESENTE EN POSITIVO!
O pasado, xa pasou.
Empreguemos as nosas enerxías aproveitando o positivo do presente e construiremos pouquiño a pouco un futuro prometedor.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES