Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser a propia antítese

miércoles, 15 de junio de 2016
Este ano de novo embarqueime nun grupo de teatro inclusivo e de novo volveron todas esas impresións e ledicias de ver medrar algo colectivo. Desta volta procuramos unha obra que fale dos problemas da nosa sociedade.

Partindo desta base empezamos a construír unha historia que puidera ter pasado na nosa realidade ou incluso que pode estar pasando. O caso é que a construción colectiva desta historia deume a oportunidade de meterme na pel dunha personaxe que está nas miñas antípodas ideolóxicas. Cada vez que deixo de ser eu para ser el comprobo como a miña escala de valores dá a volta ata converterme no que nunca fun nin quero chegar a ser.

O caso é que, como o teatro é un xogo didáctico, dáme a oportunidade de indagar en perspectivas que non comparto nin teño a intención de compartir por teren demostrado que son nocivas para a sociedade. Situarme nelas supuxo reafirmarme naquela escala de valores que o personaxe me puxo patas arriba.

A pesar desta afirmación situarte na propia antítese require facer un exercicio empático coa diferenza ideolóxica. O realmente complicado é representar este exercicio dunha maneira realista sen caer na ridiculización da personaxe nin tampouco na excesiva empatía ca mesma.

Pola miña parte indaguei moito nesta persoa e penso que quizais a ruindade e o egoísmo nazan dentro de si froito dunha excesiva ambición. Se a isto lle sumamos a falta total de valores temos un ser totalmente apático coa única misión de medrar a amasar fortuna caia quen caia.

En todo caso representalo supón o reto de encarnar esa antítese e a responsabilidade da denuncia que fai a obra. Ante esta responsabilidade agardo ser xusto coa miña antítese sen deixar de poñer negro sobre branco as súas propias inxustizas e corruptelas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES