Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un turismo cultural en bragas

Piñeiro, Antonio - miércoles, 15 de junio de 2016
Non teño o gusto de coñecer a Jorge López Quiroga, de quen este xornal publicou unha entrevista nantronte, na súa calidade de organizador do Congreso Internacional sobre a figura de San Martín de Tours, patrón -como é ben sabido- da diocese de Ourense e que no mes de novembro cumpriría -aí é nada!- 1.700 anos.

Ora ben, que non o coñeza non quere dicir que non o deba felicitar con letras maiúsculas alumeadas -aínda que non o permita "Patrimonio"- con luces de neón, por mor das declaracións que fixo na referida entrevista, na que sentencia verdades coma puños . Unahs verdades que curiosamente os que dis que saben de turismo nos oráculos institucionais composteláns -a capital do turismo cultural- non queren ver.

"El turismo ha sido -afirma- tradicionalmente de sol y playa, pero cada vez se está potenciando más un turismo cultural, más enfocado al patrimonio, lo que supone un yacimiento importante de empleo".

É certo que o que o historiador afirma non é novidoso, pero a miúdo teñen que chegar voces que ecoen dende fóra para "evidenciar a evidencia". E a evidencia é que, por máis que Galicia teña investido nas últimas décadas milleiros e milleiros de millóns de euros no turismo de sol e praia, fundamentalmente nas Rías Baixas, está máis que demostrado que o turismo cultural constitúe e constituirá no futuro inmediato unha fonte xeradora de economía e de creación de emprego abondosamente máis froitífera e sumamente máis atemporal e, polo tanto, mellor asentada no tempo, cá que procede daquel que depende fundamentalmente de que a chuvia e os neboeiros se esquezan ou non da costa durante -no mellor dos casos- non máis de tres meses ó ano.

Abonda con pensar en calquera cidade centroeuropea ou mesmo, sen ir máis lonxe, en calquera localidade mediana -non digamos xa as capitais de provincia- da veciña Castela e León, de Cantabria, Portugal ou Aragón, para ver de qué están vivindo a meirande parte delas, só con tal de ter un pequeno xacemento arqueolóxico, algún monumento senlleiro ou algunha manifestación etnográfica máis ou menos singular e recoñecida nas súas inmediacións.

Poderiamos encher páxinas e páxinas deste xornal se nos puxeramos a catalogar localidades nas que un monumento ben "comercializado", unha vila romana axeitadamente "actualizada" e vistosamente exposta ou unha ben promocionada celebración senlleira, fan que as súas xentes atopen na súa comercialización turística un xeito de vida certamente envexable.

Por qué en Galicia e dun xeito especial en Ourense, o turismo cultural continúa estando en bragas? Pois, porque despois de tantos anos pasmados para o Camiño, estamos completamente birollos e sen capacidade de ollar que "hai vida" alén da praia e de Compostela.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES