César Aja
Xiz, Xulio - martes, 12 de diciembre de 2006
Aínda que amigo é concepto ambiguo, son amigo de César Aja. E coido que gobernou Viveiro con acerto, e Viveiro con el progresou notablemente.
Non fun destinatario do marisco (a relación publicouse unha ducia de veces) que utilizou para agasallar a amigos de Viveiro. Quen non crea nese xeito de felicitar as festas non sabe en que mundo vive ou non vive no mundo real.
Sufriu vilipendio, foi tratado de estafador, suxeriuse que fora para consumo propio, e o caso chegou ó Supremo.
O máis alto Tribunal ven de dispor o arquivo deste procedemento, desestima os seguidos pola compra do Pazo da Misericordia e por contratación de persoal, e pide cautela na xudicialización da política, cando hai outros mecanismos previstos por Lei.
E agora, ¿quen limpa a imaxe agredida e emporcada?. Quen é o valente que recoñece terse pasado, ter sido inxusto cun César Aja que sufríu merma na súa honra. ¿Quen se confesa culpable?.
Aparte da Confesión de boca, satisfacción de obra. ¿Como se repara a culpa? ¿Quen satisface?
Deus nos dea moito sentidiño para evitar no futuro linchamentos a priori coma este.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora