Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Flor dun día tan só

lunes, 13 de junio de 2016

Hai semanas nas que me costa atopar algo para encher este recuncho. Nesta sóbranme os temas. É máis, sóbranme incluso os deportivos (os políticos chega con dicir que empezan cunha nova pesada, aburrida e sanguenta “económica” campaña electoral). Catro grandes novas deportivas: ascenso do Leganés a primeira división por primeira vez na súa historia; trofeo Roland Garros acadado por Garbiñe Muguruza por primeira vez na súa historia; morte de Cassius Clay (para min será sempre Cassius Clay), quizais o mellor boxeador de todos os tempos e un dos mellores deportistas; e xa por último, a mellor, a máis importante e a máis emocionante polo que me toca de galego: o premio Princesa de Asturias (quizais ou sen quizais o Nobel deportivo) para o nosoFrancisco Javier Gómez Noya. Xa tardaron en darllo.

Claro que o tríatlon non é o fútbol, nin o baloncesto, nin o tenis; é un deporte dos máis minoritarios que existen (outro tanto máis a favor por acadalo). Declaraba Iván Raña (outro que tal) que cando empezaron chamábanlles as de “Dios es Cristo”, pero grazas á súa perseveranza, aí están os dous, aí está Gómez Noya, cinco veces campión do mundo e base de porfiar e porfiar. Sempre se falaba del para isto ou para aquilo, pero claro, ante Nadal ou ante Gasol... a fama é a fama.

Gómez Noya non anda de aquí para alá e, para máis aquel, era e é galego. Pero el seguiu subindo, subindo, subindo (para que digan que o galego non sabe se sobe ou baixa) ata acadar o recoñecemento que hai tempo que se merece. Aínda así, pena!, seguirá sendo flor dun día tan só. Hoxe mesmo xa poucos lembrarán que lle deron o Nobel dos deportes. É igual, en Río volverá dar que falar. Aínda que só sexa por un día.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania