Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Décimo cabodano de Manuel Blanco Castro

Rodríguez López, Santiago - sábado, 11 de junio de 2016
Vai facer 10 anos que nos deixou físicamente o amigo Manolo Blanco. Blanco de espírito, cunha bondade blanca polo de pura, que disfrutamos os que tivemos a sorte de ser amigos seus. Véñenme Décimo cabodano de Manuel Blanco Castroá memoria unhas verbas que o noso académico Darío Xohán Cabana lle adicou ó meu pai no prólogo do libro Onte e Hoxe Vivencial. Dixo Darío: “Manuel Rodríguez honroume moito a miúdo coa súa conversa, e eu honreime coa súa amizade, gocei da súa sinxela bondade, asombreime arreo coa súa inocencia. Esa inocencia convertíao nun home un pouco desamparado, exposto ós comenenciudos e ós aproveitados que percorren triunfantes os camiños da vida. Pero a el non parecía importarlle.” Sen dúbida estas verbas definen tamén perfectamente a inocencia blanca de Manolo Blanco.

Porque estouvos a falar de Manolo Blanco Castro. Eterno emigrante que morreu anceiando o seu Castro galego ideal, a cidade de Lugo. Na Vida e Obra de Manuel Rodríguez López, garimosa, inspirada e informada biografía que Manolo nos regalou en vida, el mesmo deixou escrito: “Lonxe de Galicia, os galegos -cóntome entre eles- sentimos máis o noso amor á "terra nai" que nos viu nacer. E eu podo decir que sinto máis nostalxia ó estar fora de Galicia, pero ó fin en España. E como ter cartos, pero non poder comprar algo que che apetece”. Velaiquí a tristura do emigrante expresada con inocencia blanca.

Manolo era Blanco, anceiaba o seu Castro lucense, foi escritor, e eu destacaría a súa excelente capacidade como investigador. Para min foi un rigoroso investigador que recibiu unha sólida formación xa dende 1956, data na que se incorporou á Academia de Historia Franciscana. Especializouse nas biografías de persoeiros ilustres e rescatou do anonimato a outros que a historia deixara en olvido. Varios libros, algúns xa publicados, moitos outros aínda inéditos, e centos de artigos, incluindo decenas de biografías publicadas nas enciclopedias máis importantes a nivel estatal, son parte do legado físico que Manolo nos deixou.

Agora é el o que necesita ser rescatado dun olvido literario, non personal, que tamén padeceu en vida. Non tivo fácil a publicación dos seus libros. O seu traballo inxente nalgúns casos non foi acompañado pola necesaria publicación dalgunas das súas obras coas que sen dúbida se tería consagrado como un dos máis importantes biógrafos galegos. Polo contrario, permanecen olvidadas en rincóns das editoriais que deberan dalas ó prelo. Non sei se será de forma permanente ou se aínda se pode facer xusticia ó impresionante esforzo que fixo o amigo Blanco durante longos anos de investigación, recopilación e análise de datos.

Estou seguro que o noso amigo disfrutaría coa alma este regalo que a vida lle debe, un regalo non feito como un favor, senón un regalo de xusticia. Ó igual que disfrutariamos os seus amigos, con Xesús Mato á cabeza, sempre a carón de Blanco tanto nos bos momentos como nos menos bos. Porque Manolo Blanco Castro deixou una longa herdanza non só de obra literaria, senón tamén de amigos encarnados en nomes propios entre os que destacan, xunto a Xesús Mato, Xulio Xiz, José Manuel Mato, Xosé Manuel Carballo e tantos e tantos outros que esperamos prestar os ollos terrenais ó noso amigo para constatar que existe a xusticia para todos e especialmente para os bos e xenerosos como Manolo Blanco.

Manolo díxonos no seu último libro publicado ata agora que o escribira “máis coa alma que coas potencias corporais”. O amigo Manolo empregou tanto a alma durante toda a súa vida, que agora, no ceo dos galegos, (bautizado así polo amigo Xulio Xiz), seralle moi fácil continuar coa súa laboura sen potencias corporais.

Gracias Manolo por ser Blanco, investigador, escritor, amigo, gracias por ser Manolo Blanco Castro.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES