A morte do Xeneral Pinochet
Editorial - martes, 12 de diciembre de 2006
Diante da morte do vello xeneral golpista, moitos chilenos fixeron festa en Madrid mentras o goberno do seu país daba un exemplo de mesura e ponderación co seu silencio, máis se se ten en conta que a Presidenta Bachelet veu morrer seu pai Xeneral do Exército chileno- en defensa da democracia e ela mesma sufriu tortura baixo o poder dos golpistas.
A morte do xeneral ven constituir o pase dunha páxina da historia chilena e mundial, retirando da escena unha das figuras máis anacrónicas da actualidade; quizais o home máis odiado do mundo.
¡Que diferente a situación e á vez tan semellante ó acontecido en España hai trinta e un anos!.
Diferente porque a morte de Franco orixinou o comezo da democracia pero provocou inquedanza xeral que posibilitou a unanimidade das forzas políticas na percura dunha solución de consenso para lograr convivir en paz. Esto, Chile logrouno moito antes da morte do vello Xeneral.
Igual, porque a súa desaparición deixaba un panorama no que todo era posible, para comezar de novo.
Pinochet e Franco representaban unhas ideas e unha época que se supón son pasado. Pero hai trinta e un anos millóns de persoas choraron polo dictador, e miles rendiron honra diante do seu cadaver, como poucas semanas antes encheron a praza de Oriente para victorealo. Do mesmo xeito que cando Pinochet someteu ó xuizo dos chilenos a continuidade do seu mandato tivo un corenta por cento de votos favorables.
Morren os símbolos, pero non desaparece ese xeito de pensar e actuar. O franquismo residual durou décadas, se é que desapareceu. O pinochetismo languidecerá pero sobrevivirá a Pinochet.
Aínda a miles de kilómetros de distancia, a morte de Pinochet caeu entre nós como unha bomba. É dos poucos seres humanos ós que parece impropio desexarlles que descansen en paz.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora