Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Incrible...!!!

viernes, 10 de junio de 2016
Permítanme un pouco de humor. Soe dicirse que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. Algo que evita con estremo coidado o burro, e non falemos dese que nos describe o amigo e mago sacerdote D. Xosé Manuel Carballo estudando para cabalo, que, segundo me comunica en recente correo, xa ten traballo aló por Sevilla, carrexando nos señores e señoras, e este ano enlamado coma se dunha terapia de balneario se tratara. Supoño que cando volva a Galicia documentaranos en Eres.

Si..., parece que somos animais chamados a ir pola vida de tombo en tombo, repetindo erros e exhibindo a insensibilidade ao que nos veta o noso sentido común: Acabamos de pagar a multa por saltarnos os límites de alcoholemia e paramos no bar próximo a tomarnos un “chupiño” e facer alarde da falcatruada. Pero, non obstante, ateigamos de INCRIBLES! as críticas cando isto o fan os “outros”.

Así, pois, eu non poñería o grito no ceo cando escoito como os nosos políticos insisten, e repiten, con teimuda reiteración, os mesmos erros que os levaron ao estrepitoso fracaso nas anteriores eleccións xerais – provocando a repulsa e rexeitamento de case todos os electores –, se non tiveran unha importante función pedagóxica na sociedade e non se ofreceran para dirixila polos camiños da orde, da paz, da xustiza e das sendas do sentido común.

E subliño isto de “case todos os electores”, porque, certamente, aqueles que, por motivos ideolóxicos ou outros menos impresentables, seguen pensando que os seus líderes evidenciaron ser os únicos capaces de resolver os graves problemas que azoutan a España, e que son uns linces, uns verdadeiros monstros. Mais isto non pode coar, nin no bo sentido do termo nin no pexorativo: No bo, porque fracasaron estrepitosamente, todos, poñendo de manifesto a escasa cualificación persoal para ocupar a presidencia do goberno; no malo, porque non parece que se aparten da pauta da súa especie: preséntanse como normais de grado medio.

Ollen como xa aflorou de novo a versatilidade e inconsistencia de D. Pedro Sánchez, e o murmurio das súas académicas exposicións. Así se decatou disto un destacado catedrático de Dereito Constitucional, que lle aconsella, nun artigo, retirarse a ler máis para corrixir as burradas que espalla por España adiante, algo non pouco sintomático.

Os sofismas de D. Pablo Iglesias tampouco pasan desapercibidos e a debilidade argumental faise perceptible sen necesidade de profundar, porque non é fácil falar coa reserva do que se quere, cando está lonxe de ser o que se di. (Pensar que con 600 euros mensuais de soldo oficial aumentaría o número de cidadáns que vivirían sen traballar a cargo do erario público, Sr.Iglesias, non é unha ofensa ao traballador, como vostede contestou nunha entrevista, senón á intelixencia do cidadán, bo coñecedor da realidade; item máis, recoñecer dereitos inconstitucionais ás autonomías equivale a preterir que o CONSTITUTIVO é prioritario ao CONSTITUCIONAL, do que dimana, confundindo a CAUSALIDADE coa CONSECUTIVIDADE).

Porque...España, amigos lectores, na miña modestísima opinión, hai máis de cinco séculos que iniciou o seu proceso CONSTITUTIVO, detendo os procesos singulares e inmanentes de cada unha das unidades políticas chamadas a integrar a unidade española, para incorporalas como elementos integrantes dela, de tal maneira que ven esta a ser tanto o resultado do proceso, como o mesmo proceso en estado de repouso homeoestático, de sosego circunstancial.

Pero este proceso maniféstase en categorías de matiz histórico e político, sempre a mercé dunha dinámica de consolidación como entidade, regulada por normas constitucionais, escritas ou non, consecuentes co proceso constitutivo. Por conseguinte, A EXISTENCIA DESTAS REGULACIÓNS SUPOÑEN O SUBSTRATO DO REGULADO, COMO PRIORITARIO; E DE AQUÍ DEBE SEGUIRSE QUE O MESMO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL, CREADO AO AMPARO DESAS NORMAS, CARECE DE COMPETENCIA PARA XULGAR O RESULTADO DO PROCESO CONSTITUTIVO, EN CANTO ENTIDADE-SUXEITO DA SOBERANÍA NACIONAL ESPAÑOLA. Polo tanto, É INCRIBLE (!!!) a cisma de que a un elemento integrante dun todo constitutivo, non simplemente constitucional, se lle queira recoñecer dereito a iniciar unha reversión procesual de desintegración do mesmo, mediante un referendo, non só inconstitucional, senón incluso “incontitutivo”, algo que per se cuestiona a unidade de España, na que se apoia a lexitimidade política de quen iso pretende.

Por outra parte, que o PP ofreza neste momento rebaixas de impostos, como estratexia electoral, parece dunha incompetencia superlativa, porque o pobo está de volta de que nalgún outro recuncho se repercutirá, a parte de que os condicionantes da dinámica económica son moitos e incontrolables, e van servir de desculpa para incumprir a promesa, posto que agora Zapatero está aló polas Américas e non se lle pode cargar o moucho. Hai importantes problemas sen resolver que están esixindo decisivas actuacións, incluso na orde constitucional, que ben merecían unha explícita e decidida proposta programática, sen quedarse de paspáns esperando que os radicalismos fagan estelas con eles ou saquen o pan do forno que o “tancredismo” estivo cocendo.

En canto a Cidadáns, esperemos, como ás andoriñas, a ver onde fan o niño, e como o amalgaman.

Neste embarullado contexto pregunteille a unha culta amiga a quen íamos a votar. Ela fixo un xesto de indecisión, e rachou dicindo que AOS MENOS MALOS. Entendín que “aos menos perigosos para a paz e o sosego social”. Mais quedei como estaba, porque, a veces, os mornos desencadean tormentas e fallan os criterios cos que se xulgan.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES