Respetamos ou deixamos correr...?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de junio de 2016
A verdade é que a veces, a vida preséntanos situacións que ó noso parecer non teñen pés nin cabeza.
Hai ocasións que nos toca moi de cerca: familiares achegados ou amigos que apreciamos moito.
O primeiro que nos di o noso corazón é falar con esa persoa ou persoas e intentar convencelas que están equivocadas.
Falamos unha vez, falamos dúas, falamos non sei cantas veces
e ¡nada!
Non conseguimos sacalas dos seus trece
¿Coñece vostede algún caso?
Eu si.
E atópome con estes casos con relativa frecuencia no camiño da vida.
Estes casos danse en persoasde tódalas idades, profesións e culturas:
-En moitas ocasións son persoas xoves, pais ou nais de familia que consinten ós seus pupilos o que nunca se debería consentir.
-Noutras son persoas adultas que non saben xestionar a súa vida e viven amargadas e amargan a vida a outras.
-E noutras, trátase de persoas entradas en idade que teñen unha certa maneira de pensar no tocante á súa calidade de vida e non hai maneira de facerlles comporender que se merecen unha ancianidade mellor e que, poderían levala, se se deixaran querer polos propios fillos ou por persoas achegadas.
Eu coñezo casos para tódolos gustos.
Son moitas as persoas que non dan, -ou non damos-, acertado coa fórmula:
Os pais quéixanse dos fillos:
-Que se mortificaron por eles e agora eles desenténdense
-Que non se senten ben coidados
-Que esto
que o outro
Os fillos quéixanse dos pais:
-Que se non se deixan guiar
-Que se son uns absorbentes
-Que se non comprenden a súa situación
.
Os profesionais quéixanse das persoas que teñen encomendadas:
-O persoal sanitario di que os pacientes non se coidan
-Que non seguen as instruccions que lles pautan
-Que non saben o mal que fan
En fin
E os profesionais do ensino: máis do mesmo.
E os restantes: outro tanto.
Parece ser que sempre foi así e que a cousa está mala de amañar.
¿Qué facer entonces cando nos atopamos con unha desas barreiras infranqueables?
¿Respetar?
Pero
-Se vexo claramente que unha persoa achegada vai por mal camiño:
¿Maniféstolle a miña aceptación por cortesía?
¿Téñolle unha consideración especial?
¿Respeto a súa maneira de proceder?
¿Deixo que sexa o tempo quen a desengane?
A min, persoalmente paréceme moi difícil acatar unha situación sangrante dunha persoa que teño en alta estima.
Pero ás veces hai que facelo porque non se pode violenta-la vontade da outra persoa.
A veces non queda outra que:
-Deixar correr
-O tempo dará a razón a quen a teña
-Hai que deixar a cada un coa súa idea
-Deixa-lo can coa roca
Xa me dirán a min que pode facer un can cunha roca; pero se a sabedoría popular deixou constancia deso; as súas razóns terá.
Nos tempos da miña avoa, en tódalas casas do medio rural galego, había un fuso e unha roca coas que se fiaba a la das ovellas para facer calcetíns para o inverno; pero podo asegurar que nunca vin o can fiando coa roca en ristre.
Pero a verdade é que moitas veces
Moitas veces: DEIXAMOS CORRER
Deixamos correr porque nos sentimos impotentes:
- Calamos por non poder dici-lo que pensamos sen que alguén se moleste.
-Outras veces calamos porque sabemos que ninguén nos fará caso.
-Moitas veces consentimos. Moitas veces consentimos sen ter moi claro se deberíamos consentir ou rebelarnos.
Pero a verdade é que as persoas pacíficas, as que non queremos contrariar, as que velamos pola paz ó prezo que sexa
Deixamos correr
Causa moita dor deixar correr, cando sentes gran estima polas persoas e sabes que van erradas na súa maneira de proceder.
Pero
¿Qué outra cousa se podería facer?
Para os que nos confesamos cristiáns: Pedir a Deus que dea sentidiño, cariño, comprensión, xenerosidade e confianza entre as persoas.
Se así fora.
iríanos moito mellor.
IRÍANOS MOITO MELLOR
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas porterme na súa consideración nesta ocasión.
Moitas grazas polas veces que optou contra vento e marea por guiar a alguén polo camiño acertado.
E moitas grazas polas veces que indo desacertado ou desacertada- soubo aproveitar un bo consello para rectificar. Sinal de que évostede unha persoa moi sabia.
Porque tamén é moi importante deixarse guiar, deixarse querer.
Graciñas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora