Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os que perden, os que gañan

viernes, 10 de junio de 2016
A desigualdade está entretecida de cifras, de tantos por cento.
Entendémonos así. Disfrazámola así. Con números.

A igualdade medrou en Europa desde a II Guerra Mundial. Ata que chegou nos 80 a ditadura neoliberal e a súa aniquiladora aposta pola desigualdade: uns poucos moi ricos e pobres máis pobres. E arrasamento das clases medias, espiñazo das democracias.

O coeficiente Gini que mide os niveis de desigualdade nas sociedades mostra que nas tres últimas décadas aumentou na maioría dos países. O Informe Oxfam denuncia que o 46% da riqueza mundial está nas mans dun 1%. 85 hipermillonarios, entre eles o noso Amancio Ortega, teñen máis riqueza que tres mil quiñentos millóns de seres humanos.
85~3.500.000.000. O Informe Capgemini and RBC Wealth Management sobre a Riqueza no Mundo afirma que as grandes fortunas aumentaron o ano pasado en España un 10% ata as 178.000 persoas.

Medra a riqueza duns poucos. Medra o medo de moitos. Ata a biblia neoliberal, The Economist avisa dos efectos dañinos da desigualdade. Nas élites hai preocupación: a desigualdade retrasa o crecemento, debilita a demanda e provocará novas crises financeiras. Coas inxustas diferencias de ingresos ferven os problemas económicos, as enfermidades e o malestar social.

Ata o Foro de Davos, blindado contra cidadanía na Suiza impoluta onde se agachan algúns dos cartos máis sucios, avisa: a desigualdade é un problema urxente. O mundo é cada día máis desigual e iso e moi perigoso: os países moi desiguais funcionan mal.

Da man da desigualdade medran soldos delincuentes de executivos, deportistas, financeiros, actores, políticos. Medran os soños aberrantes dos multimillonarios. E esa cousa banal que é o gran luxo. Nos anos da crise duplicouse o número dos superricos. Un deles, Warren Buffet di que ‘hai unha guerra de clases desde hai 20 anos. E a miña está a gañala’.
Cotiza menos impostos que a súa cociñeira e reivindica pagar máis.

A tendencia xeral á igualdade da 2ª metade do sXX virou 180 graos cara á desigualdade. Co inicio da crise, no 2007, as sociedades contemplaron abraiadas como os países ricos rascataban aos bancos, e tamén a xestión dos tramposos. Cun prezo brutal: condenar á poboación a vivir peor.
Rescatar é indispensable para manter o sistema, din, mentres que rescatar aos que teñen fame é ruinoso: os pobres son prescindibles.
E apareceron os indignados. Coa denuncia do nóbel J. Stiglitz sobre a excesiva concentración da riqueza USA, 25% nas mans do 1%, nacía o movemento ‘We are 99%’. Aquí o 15M.

Economistas lúcidos avisan de que a desigualdade que mata aos pobres é perigosa para o ricos. A fin de contas compartimos o mesmo mundo onde ata os ricos viven mellor en sociedades máis iguais. Onde todos gañan. Onde ninguén perde.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES