Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Ás Portas do Nadal

lunes, 11 de diciembre de 2006
No medio da xa abondosa publicidade invitándonos a un consumo tolo e desaforado e mesmo das luminarias que enchen as rúas/prazas, atrévome a pedirlles que aparquen (só uns minutos) algunhas das obrigas de traballo e/ou lecer para dedicárllelos a lembrar unha sinxela historia, que teñen dabondo sabida. E espero que non esquecida. Velaí: “No ano quince do Imperio de Tiberio César, sendo Poncio Pilatos o Gobernador da Xudea, Herodes, o tetrarca da Galilea...e no pontificado de Anás e Caifás, a Palabra de Deus foille dirixida, no deserto, a Xoán, o fillo de Zacarías” (Lc. 3,1-6) O Evanxeo sitúa o feito histórico da vinda de Xesús e a súa presenza na historia. Detalle importante. Sen embargo non é esa a mensaxe deste día. Hoxe fálasenos da “escoita e da acollida”

Debemos facernos preguntas: ¿Por que a “Palabra de Deus” non aparca en Xerusalén -o cetro do poder e do culto- e vai ao deserto? ¿Non estaban alí as autoridades políticas e relixiosas!?. ¿Non eran eles os encargados e responsábeis de orientar/dirixir ao pobo!? ¿Estarían enredados noutras cousas? ¿Faríanlle caso, escoitaríana? A mesma historia se encargou de contárnolo todo. Dominaban as cobizas do poder e mesmo da hipocrisía.

Aclárano tamén Xoán “que se foi pola comarca do Xordán predicando un bautismo de penitencia e conversión” recordando as proféticas verbas de Isaías: “Unha voz clama no deserto: Preparádelle o caniño ó Señor, endereitade os seus carreiros; hai que encher todas as valgadas e rebaixar todos os montes e outeiros. Póñase dereito todo o que estiver torto e os camiños tortos volveranse lisos. E todos verán a salvación de Deus!”

É doado situar, hoxe e aquí, aquel acontecemento. Mesmo pórlles nomes ás persoas (sen excluírmonos nós) “No Nadal do 2006, sendo emperador do Occidente cristián...(cos seus aliados) e da Comunidade Europea e España os respectivos... e no Pontificado da Igrexa Católica Romana: Papa, Bispos, Dioceses, parroquias... Tamén xorde a pregunta: ¿a onde terá que dirixir Deus a Palabra para que sexa escoitada e acollida como foi, daquela, por Xoán?. ¿Segue a non ser escoitada (coma noutrora en Xerusalén) porque nos lugares de poder están moi ocupados noutras cousas?. ¿Mesmo na súa Igrexa?.

Problema serio. Na Sociedade e na Igrexa. Difícil nun ambiente baleiro de valores e a rebentar de barullos, egoísmos e consumo. Todos/as, pero en especial, os cristiáns/ás, se queremos “prepararlle os camiños ao Señor” é preciso que empecemos a prepararnos nosoutros facendo “máis silencio” nas nosas vidas para poder escoitar a voz de Deus que chama (¡a berros!) desde os pobres, os indefensos, os anciáns, os atropelados pola inxustiza, inmigrantes... Se os escoitamos, estamos escoitar a Deus. O compromiso coa fe e o bautismo pasa pola entrega aos irmáns. Iso é... ¡responsabilidade e coherencia!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania