Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festival Nosolocoaching

miércoles, 08 de junio de 2016
O vindeiro sábado estou convidado a participar nun festival polo desenvolvemento persoal que vén engaiolado nunha doce obra de teatro. Será no teatro de laSalle en Compostela e contará cun amplo elenco de profesionais do desenvolvemento persoal e do mundo artístico.

Daniel Alvarez Lamas e Terry Mclain falarannos dende un lugar privilexiado do alén para compartir os seus recordos persoais como un exemplo de aproveitamento do tempo vital. Eses recordos levarán ao escenario de laSalle a persoas sobranceiras no mundo profesional do coaching e doutras disciplinas como Alexandra Lemos, Raquel Torrent , Andrea Lages ,Susana Magdaleno ou Susana Franco. Todos seremos as lembranzas do paraíso que gozan Daniel e Terry.

Na parte artística do proxecto teremos que poñer en marcha os cinco sentidos para gozar da pintura de Renata Otero, do ambiente de La Fábrica de la imagen, da danza de MariaAstray e Sara Ares Pérez e da música de JulioLlorca e Pepe Vara.

Cómpre non avanzar moito máis do que vai pasar porque as experiencias intensas simplemente hai que vivilas para podelas contar. Así que convén reservar o vindeiro sábado para participar da festa do desenvolvemento persoal en Compostela.

Tamén é imprescindible felicitar unha vez máis a Daniel Álvarez Lamas e ao seu equipo de colaboradores por buscar sempre un xeito orixinal de difundir coñecemento e establecer interdependencias persoais.

O sábado, Santiago de Compostela celebrará o froito perenne do desenvolvemento humano.

http://nosolocoaching.benpensante.com/
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania