Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galegos no País Vasco

lunes, 11 de diciembre de 2006
Pode que a paz que se vislumbraba no País basco fose só unha ilusión, pero España enteira vibrou de ilusión diante da simple posibilidade.

Os galegos somos, como todos, afectados porque moitos paisanos nosos quedaron no camiño, e moitos galegos que formaban parte das forzas de seguridade tiveron naquela zona do Estado a súa residencia e o seu traballo.

Dialóguese ou non, as xentes de a pe xa nos afixemos a pensar que ese problema tiña desaparecido. E no País basco de xeito especial, co que moitos escoltas deixaron o seu traballo e voltaron a Galicia por entender que aquela guerra rematara.

Enterámonos agora de que as empresas que forman persoal de seguridade están recibindo novos encargos, e especialistas que volveron a Galicia na seguridade de non ser xa necesarios os seus servizos están sendo reclamados diante das novas circunstancias que alí se producen.

Por agora son só indicios, quizáis só dúbidas nun proceso longo e difícil. Pero constitúen exemplos axeitados de que non se debe poñer o carro antes ca os bois, e que o problema do terrorismo, que deixou xa de ser a nosa maior preocupación, aínda está ahí, e pode de novo rebrotar con toda a súa carga de anguria e de terror.

Persoal de seguridade galego vai de novo para o país basco. Agardemos que as precaucións resulten supérfluas, polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES