Carallo
Figueroa, Rosendo - lunes, 06 de junio de 2016
Recordo que meu pai pasou por escrito unha coña que seriamente se devatia na famosa peña O Sifán , do Circulo das Artes de Lugo, na que se estudiaban as case que infinitas e diferentes formas de utilización do termo CARALLO, unha riqueza impresionante do galego , sin comparanza con ningún outro idioma . Os do Sifán chegaron a recopilar 300 acepciós e dixérome que Manuel Mandianes recopilara 3.000 . Pregúntome si o galego resistiría o paso dos tempos si non tivera o importantísimo puntal da palabra carallo, en sus multiple acepciones , como coadyuvante en el énfasis de una expresión, frase , nome , adjetivo , e como un comodín ou muletilla, xa que vale para todo. Sin el o galego carecería de esa gracia especial , ese tono cantarín , e incluso faltaríalle forza e rotundidade para espresar sorpresa ,asombro, dor, cólera , cariño, pena, etc,etc.
Fai catro anos removín ceo e terra , nos miles de papeis de meu pai, que miña nai gardaba celosamente, e non o atopei , asi que me puxen a tarefa de facer unha investigación, pola miña conta, para o cal , evidentemente , non teño, nin as mínimas ferramentas académicas, nin técnicas lingüistas . Pero como son un ousado , tirei pra diante , contando so ca memoria e a cara dura que lle boto ,e ca disculpa de que, como son un xubilado , ténseme que perdoar todo, sobre todo os amigos, pola sinxela razón que nin siquiera pódese decir que esta carallada e unha perda de tempo. Por vergoña non o publiquei, visto o resultado. Con motivo do recente pasamento da miña nai, e o nomeamento de albacea testamentario, cargo de dificil desempeño, xa que somos nove fillos herdeiros, tiven que bucear no armario onde se archivan os documentos e atopei unha carpeta con cousas da Peña do Sifán, entre as cuais atopei unhas poucas notas sobre o tema, que me permitiron facer esta carallada de artigo, especialmente unha curiosa folla, amarela e vella , de propaganda dunhas caldeiras de vapor, de Xixón. ¡ Unha xoia !, o que me fixo retomar o proxecto, mellorando o contido.
Realmente non chamaría a atención o termo, si nos atemos as múltiples formas en que se denomina en galego o órgano xenital masculino ou membro viril, cando se emplea sin énfasis: carallo, caralla , pirola, pixa , polla, pene, falo, mango , pata do medio, pata pequena, dedo sin unha, tranca, porcán, fungueiro,.......
Carallo como exclamación, según o tono , pode ser de asombro, de admiración, de asentimiento, preocupación, desdén , repudio, asco, etc, o que xa nos pon diante dunha palabra riquísima en significados, no que pivota o galego coloquial do pobo .
Pero o que verdadeiramente ten asombrado ao mundo enteiro e a multitude de acepcios e significados que ten , e sobre todo os moitísimos que lle da a outros cando os acompaña para expresar dolor , asombro , sorpresa, admiración :
--¡Arre Carallo !
--¡ Manda carallo !
--Tocar o carallo . Amolar , foder
--Vaite ao carallo .Desprezo , vaite a merda.
--O carallo
--Veña carallo
--Ide ao carallo
--Vai ao carallo
--¡ Vaia carallo !
--Tocar o carallo . Amolar , foder
--Vaite ao carallo .Desprezo , vaite a merda.
--O carallo
--Veña carallo
--Ide ao carallo
--O carallo vintenove. No quinto pino, lexos, moi lonxe
--Carallo a vela.
--¡ que carallo !
--¡Ai que carallo!
--¡Ala carallo !
--¡ Ale carallo !
--¡ Hui que carallo !
--¡ Polo carallo !
--¡ De carallo!
--¡ Vaia carallo !
--¡ Xa, carallo, xa !
--¡ Mira carallo !
-- ¡ Al carallo!
--Non vale/s un carallo. Non vale/s nada
--Non me sale do carallo. Non quero , non me da a gana
--Estar de carallo . Estar moi ben , estupendo/a, collonudo/a.
Creo que o que lle da verdadeira importancia ao termo, hasta alcanzar a categoría de pedra millar do idioma galego, naturalmente o falado polo pobo, esto é o verdadeiro, non o normativo, con múltiples variantes nas diferentes zonas de Galicia, o meu galego é o da Terra Cha, e a capacidade do termo Carallo para darlle forza e grandiosidade, as frases que representan emocións, cabreo, asombro , sentimentos, ira, resignación, pena o alegría , son os termos derivados:
--Carallada. Estar de troula, de festa de carallada, carallear , e estar de troula , de broma . E unha carallada , e unha tonteria , unha bobada.
--Caralludo/a . Pistonudo, fenomenal , excelente, denota calidad.
--Carallazo. Contrariedad , golpazo
--Caralloto. Indiferente , frio
--Carallote. Alga, navalla
--Carallota. Tira de coiro
--Carallete. Cabo , extremo dunha corda, Úsase tamen como interxección.
--Caralleta. Croque, aparato xenital dos cochos. Como rípio utilizase como membro dos homes Cando asoma a teta , pódese lle meter a caralleta
--Carallán. Invécil , bromista , tonto.
--Carallón . Denota cantidade , lonxitude.
--Escarallado. Cansado, agotado, roto, dislocado.
--Escaradadiño, Cariñoso de escarallado.
--Escarallación . O colmo. O descollone.
--Escarallar. Estropear, foder unha cousa, ou morrer de risa.
--Escarallancia. Menopausa ou andropausa ou pitopausa.
O énfase, a forza nas expresiós que lle pode dar as frases o empleo do termo carallo e tal, que sin el, o galego estaría en encefalografía plana, soso e coxo, mentras que sua utilización xenerosa, profusa e abundante, dalle ao idioma unha riqueza case que infinita, xa que vale tanto para afirmar, coma negar, pode expresar o bon e o malo, cansancio, resignación, a risa e a pena, e unha infinidade de estados de ánimo , según el tono, el contexto da frase no que está inserto. Vexanos unhos poucos exemplos:
-RESIGNACIÓN: ¡ Ai que carallo!.
-INDIGNACIÓN:¡ Que carallo!
-CACHONDEO: ¡ Ben carallo ben!
DESPLANTE: ¡ Vai ao carallo!
-INQUISITIVO: ¿ Que carallo e ?
-CONTRARIEDADE: Tócacheme o carallo
-CANSANCIO: Deíxate de caralladas.
-OFENSA : Iste carallo e parvo.
-TEMPLANZA:¡ Cálmate carallo !
-AMENAZA :Ven carallo ven.
-NEGACIÓN: Non carallo, non
-NEGACIÓN ROTUNDRA : Nin carallo nin nada .
-XURAMENTO : ¡ Me cago no carallo !
-IRA: Me cago no carallo , ¡ carallo ! .
-LOUBANZA : ¡ É un home de carallo !
-DUDA: O carallo vintenove.
-EXTRAÑEZA: Pero ¿ que carallo pasa ?
-DESPREZO: Pásamo por debaixo do carallo .
-ANIMOSO : Dalle , carallo, dalle .
-CAPRICHOSO: Saliume do carallo.
-CUALITATIVO: Non vale un carallo.
-VALORATIVO : Róncame o carallo .
-FATALIDADE: ¡ Ten carallo a cousa !
-PICARDÍA : O caralliño.
-METEOROLOGÍA: Fai un tempo do carallo.
-LEXANÍA: No quinto carallo.
-CURIOSIDADE: Carallo Xosé ¿ Que carallo fas eiqui ?
-XEOGRÁFICO: ¡Manda carallo na Habana ! Expresión que os mais ilustres historiadores galegos imputan ao descubridor pontevedrés Cristobal Colón, cando os Reis Católicos, ao final, mandárono ao carallo, e morreu no quinto carallo.
Si os meus lectores o pasan tan ben coma min, ao argallar esta carallada de artigo, douno por ben feito e pido que si alguén pode aportar acepción ou expresiós galegas co termo carallo agradecerialles que mas fagan chegar.
¿ Nótase moito que estou farto da carallada da política e dos políticos do carallo ?

Figueroa, Rosendo