Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Sabían que... nos enganan?

sábado, 09 de diciembre de 2006
Estamos de noraboa. Vimos de celebrar o “día internacional do discapacitado” pensado para defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade. A Constitución tamén nos lembraba que “todos somos iguais”e agora conmemoramos o Día dos Dereitos Humanos complementado coa recente aprobación da Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional. Hoxe toca falar de dereitos.

Día a día repítense actos de presentación da Lei de Dependencia. Tiven a oportunidade de escoitar a un deputado antes e despois da súa aprobación. Confésolles que sentín certa rabia ao ver como se botaba da parte de fóra sen pensar se colmaría as súas expectativas. De maneira reiterativa dise que o que antes era unha dádiva agora é un dereito ao que un se pode acoller ou non. Certamente que así é, pero con matices. As noticias dos medios de comunicación contrastan coa realidade das persoas que viven a dependencia. As voces que falan das vantaxes son máis fortes e apagan o lamento dos que ven como as súas ansias de ser “un máis” na sociedade se van esmorecendo. Sabemos do que estamos a falar e, unha vez máis, temos que dicir que os nosos dereitos quedan relegados.

¿Sabían que... nos enganan? Os nosos políticos quedáronse curtos. Presentían como ía rematar a Lei e souberon representar o seu papel. Algúns foron máis sensibles nas formas, aínda que primou o xogo político fronte aos dereitos sociais. En privado, son capaces de dicirnos que era posible prescindir do copago e que é algo que haberá que cambiar pronto. Cando lles cuestionamos se a Lei representaba o cuarto pilar, a resposta foi que non se contemplaba como tal e agora véndese a todo bombo. Poden comprobalo no seu folleto propagandístico. O exemplo máis ilustrativo data do 13 de setembro cando o Ministro, despois de admitir que o ocio é unha necesidade máis para realizar unha vida en igualdade de oportunidades, deu a súa palabra para recoñecer a plena cidadanía das persoas con diversidade funcional dotándoas da asistencia persoal necesaria en liña co establecido pola Convención da ONU. Simplemente había que facer unha pequena modificación do artigo 19. Presentáronse varias emendas e non se explican onde se “perderon”... Se analizamos o proceso das votacións vemos a abstención dalgúns como se lles fose indiferente que unha persoa participe ou non na vida da comunidade. Pero aínda hai algo máis sorprendente: alguén debeu entender a necesidade de asistencia persoal como un luxo e chegou a dicir que “a todos nos gustaría que se nos pagase la cirugía estética”.

A sociedade, sen pensar na súa dependencia, semella contenta porque queda liberada da carga moral que tiña ata o momento. Nós seguiremos prisioneiros demandando igualdade e liberdade. Como non temos opción a un momento de tregua, agora toca loitar pola letra miúda do desenrolo regulamentario. Tentaremos explicar por todos os medios que non queremos nada ao que non teñan dereito o resto dos cidadáns.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES