Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os móbiles: máis alá da comunicación

lunes, 06 de junio de 2016
Os móbiles: máis alá da comunicaciónSon partidario dos móbiles. Aínda que, para comunicarse, era moito mellor antes: se tiñas que falar con alguén ías alí, xunto a el e dicíaslle o que fose; e no camiño o máis seguro é que te atopases con máis veciños e tamén te comunicabas con eles. Agora o uso dos móbiles vai máis alá da comunicación. E para un servidor vai para peor. Por sorte, levo un tempo asistindo a obras de teatro que se representan na casa da cultura Manuel María da Valenzá. Por desgraza, levo ese mesmo tempo máis que cabreado porque toda a miña atención se desvía cara ás putas pantallas acendidas dos móbiles. A xente que presume de “culta” non lle ten ningún respecto á cultura. E non vale que avisen incluso por megafonía de que se apaguen os móbiles, que sempre aparecen as típicas persoas parvas do cu que pensan que se soben ó momento ó feisbuq a correspondente foto do evento quedan como a gloria bendita ante as súas amizades. Para publicar a foto lanzan as súas correspondentes mensaxes sobre as soberbias actuacións que están vendo, pero sen ver. Porque se non é o feisbuq é o guasap que ferve ante os ruxerruxes da babeca ou o paiolo de ocasión e as súas amizades. Este venres pasado, por respecto a dous actores que traballaban na obra (coñecidos e amigos), non parei a obra para darlle na cara a unha estúpida que non deixou de gravar en practicamente toda a representación. E para a gravación, o móbil ou a cámara ou o aparello que fose desprendía unha luz que molestaba unha barbaridade. Sinceramente, vendo que non temos ningún respecto nin pola cultura nin pola convivencia, eu requisaba os móbiles todos. Ou impoñía multas de tres pares de narices. Segundo as pagamos por outras parvadas, por que non por molestar ó veciño ou a un colectivo. E que ninguén veña con que antes das multas, cómpre educación. Xa sabemos que non se poden usar os móbiles nas salas; dino incluso de palabra. Que máis educación queremos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES