Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pecho os ollos e...

jueves, 02 de junio de 2016
Pingas de orballo:
Pecho os ollos e...

Pecho os ollos e...
Pecho os ollos e véxome sulfatando na Costa da Gándara. Non pecho os ollos e miro o reloxo para ver as tres da tarde. Agora si, volvo pechar os ollos e noto que vai un sol de carallo. Pecho os ollos e síntome fatigado e baldado porque a tose segue no meu corpo desde hai días e as labaradas do inferno soben pola gorxa cada dous por tres. Pecho os ollos e noto o zunzún na cabeza e con eles cerrados sigo vendo como os meus pasos van a un bo ritmo porque hai medo a que non consiga acabar pola tarde. Pecho os ollos e debuxo a viña nun plano no que me saen as medidas de practicamente unha hectárea. Que non é cousa de rir. Sulfatando por un lado e polo outro. Como dicía miña nai cando me queixaba ó cavar unha leira: “veña, isto logo vai... ir y venir, tornar y volver”. Pois o mesmo hoxe: ir e vir, tornar e volver. Pecho os ollos e vexo o tanque de 300 litros que non se acaba nunca. Pecho os ollos e noto xa a dor nas éngoas. Turro da mangueira, meneo a mangueira, o aire que quere facer das súas, que me molla os anteollos. Pero non me paro a quitalos. Nin tan sequera me paro para manipular no móbil, do que xa non oio a música. Pecho os ollos e vexo o cacho que me falta para que a alma se me vaia ós pés. É o conto de nunca acabar: ir por unha gabia, volver pola mesma gabia, coller outra gabia, dar outra volta pola mesma gabia. Pecho os ollos e vexo a metade da viña aínda sen sulfatar. Vai un sol de carallo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES