Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta aberta ós discapacitados físicos de Galicia

lunes, 03 de diciembre de 2001
1.
CARTA ABERTA ÓS DISCAPACITADOS FÍSICOS DE GALICIA
(Reflexión ante o perigo de extinción-morte do Movemento Asociativo)

Amigos: Saúdos desde a cidade "amurallada" de Lugo (portas abertas para entrar-saír).
Espero sexáde-los primeiros interesados "pola integración plena-normal-normalizada".
Escribo desde a liberdade, a xustiza e mesmo a experiencia de máis de 30 anos de loita a prol da unidade-liberdade e compromiso participativo do Movemento Asociativo.

Esta carta vai , expresa e directamente, para os Discapacitados Físicos. (Psíquicos e sensoriais -xordos e cegos- teñen este problema resolto.). Indirectamente, tamén para a Administración (Estado-Xunta) e a sociedade en xeral. Destinatarios directos-máis implicados: os membros da CO.GA.MI, das Federacións provinciais, das de ámbito autonómico-local-comarcal, das outras 50 engadidas, os empregados das empresas de Cogami, dos Centros Especiais de Emprego, os do grupo minoritario matriculados en cursiños, os empregados da macro-oficiña da Casa (Cogami-Centros-Servicios), etc. e os tamén os membros-voluntarios das Asociacións independentes (mesmo os expulsados), os grandes e/ou pequenos grupos, os illados do rural... A tódolos que queiran reflexionar sobre a situación actual deste Movemento..

-Como se ve, a Confederación que aglutina a meirande representatividade do Movemento dos D. F. en Galicia. Imprescindible para o Colectivo e necesario para a Administración.
Ter interlocutores válidos-representativos. Realmente, cara ese obxectivo se camiñou durante moitos anos e, ademáis de custar moitos esforzos-suor e bágoas, queimou moita e moi boa xente no camiño. Entón, amigos, ¿todos ledos e felices?. Así debería ser.
Por disgracia, esta aspiración, o que tiña que se-la "panacea-paraíso" estrangallárono en moi pouco tempo (na súa curta viaxe), enxendrando un monstruo que xa está deixando senti-los seus efectos devastadores no País: afoga-la liberdade-independencia-participación -protagonismo, etc. e deixando sen voz-diálogo -discusión-revisión-interna- etc. ó Movemento. Ninguneándoo", como se dí agora, ós D. F. e ás súas Asociacións. Que vén a se-lo mesmo que estar vendidos-manipulados.!. E para máis inri, "cun estilo dictatorial". Como verdugos, (non sei se voluntaria ou á forza) membros do propio Colectivo. Uns de xeito consciente e outros, como comparsa e/ou por mor da comenencia-pesebre. A pesar diso, xa que creo posible aínda muda-la situación, vai un ¡SOS esperanzado!.

2.-
Para a reflexión, (repousada), unhas preguntas: ¿Que impresión tiñas diso?. ¿Como ves ti a situación?. ¿Decatáraste do problema? .¿Cal foi-ou é- a túa participación?. ¿Preocúpate?.
Se estiveches metido na creación do Movemento lembrarás que fomos conscientes de que era vital para as asociación salvar-gardar a independencia-liberdade, non venderse nin deixarse mercar, se-los protagonistas das nosas propias aspiracións-dereitos-obrigas, etc. Así se traballou. Mesmo coa axuda da Admnistración, sen perde-lo noso sitio-lugar.
Antes e despois das Autonomías. Moita xente, tanto do Colectivo coma da Administración dan fe do que afirmo.
Un pouco de historia. No l998, para meter a maioría posible de discapacitados, fíxose (con urxencia, e todos valiamos ) a Reforma dos Estatutos da Cogami. (Desde arriba; a base non dixera nada). Por estas datas, empezaran a afrorar sinais de autoritarismo (nega.-la voz a quén tiña dereito, taparlle a boca ós críticos e mesmo non querer analizar-revisar un gran feixe de actuacións que se fixeran mal e que foron "resolvidas por decreto").
O paso seguinte, monta-las Federacións Provinciais (coma delegacións), en vez de respecta-la liberdade-independencia-finalidade, etc.No 2001, reforma dos Estatutos Federacións (só levaban dous anos de vixencia e ninguén o solicitara). Copia da filosofía da Cogami Este paso foi moi ousado:consideralas súbditas e de rango inferior, e estar, descardamente, baixo a dirección-mando de asalariados-empregados das súas empresas.
Algúns detalles (como simple curiosidade e materia de reflexión): A COGAMI e F. P. funcionan "anti-estatuariamente". Debían ser dirixidas polos D.F. ( A ONG que é COGAMI) e, ¡están nas mans dos técnicos!. Ausencia deliberada-buscada de canles de participación democrática, amosada nas actitudes dictatoriais dos seus dirixentes. Acordos (propostas-temas de debate-deliberacións) sen consultar-contar coas Asociacións (A BASE). Sobre o 70-80% con dereito a voz-voto (tanto na Cogami coma F.P.) son "empregados-asalariados" da Casa. ¡Non por casualidade!(¿¡Serán libres!?, digo eu.) Perdeuse totalmente a capacidade da acción reindivicativa. (¿Lembran algunha nestes anos?). Para moitos (de dentro e de fóra) cheira a unha Confederación " sumisa-vendida-maniatada-e mesmo represiva".
De verdade, ¿somos libres!?; ¿Traballamos unidos?; ¿Sabemos o que queremos e cara onde imos?; ¿Temos capacidade de diálogo-participación-consenso... no ámbito das nosas Asociacións-Federacións-Confederación?.¿Sérvennos para algo?; ¿Podemos seguir así?.
Segue a pensar-opinar e, se te animas, tamén a compartir. Queda aberto un "Foro de Opinión", ("sen ánimo de lucro" e "sen subvencións"). ¡Bo Nadal e Ditoso Aninovo 2002!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES