Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crucificado de Saúde

miércoles, 01 de junio de 2016
Pingas de Orballo:
Crucificado de Saúde

Levo catro días nos que me vexo crucificado. Crucificado de saúde. O primeiro día empecei cunha dor de cabeza tal que pensei que me rebentarían os miolos. Non rebentaron, claro; que para iso estou aquí escribindo. O segundo día, e como se adoita dicir, tomóuseme a voz. Cada vez que oio o de tomarse a voz penso sempre no leite tomado. Recordos da infancia, claro. A verdade é que con esa voz ata os rapaces se molestaban porque falaba. Hai que amolarse (por non usar outra expresión), e se tiña que falar? Ou se a min me gusta falar? Serán mocosos! O terceiro día si que notei algo de melloría. Menos mal. A cabeza seguía así coma cun pequeno zunzún, pero sen querer rebentar. E a voz... a voz xa non era aquela voz de pito, era un chisquiño máis alta. Mais pola noite empezou a atacar a crucifixión na gorxa. Na gorxa por culpa da tose, claro. Porque cada vez que tusía, ai cada vez que tusía, subía o inferno pola gorxa arriba. Era case como ver as labaradas saíndo pola boca. A maldita tose non deixou que durmise moito, pero... un é sacrificado e erguese ás sete para ir traballar. Polo que chegou o cuarto día. Que empezou ben, pero a medida que atendía xente, é dicir, que falaba unha e outra vez, volveu a voz a tomarse (outra vez a imaxe do leite na cabeza). E foi aí onde xa se xuntou todo: tose, dor na gorxa, na cabeza e case sen voz. O quinto día aínda non chegou; pero adianto: toca sulfatar. Tócate o carallo, Chito!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania