Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde está o límite?

jueves, 02 de junio de 2016
Diicimos habitualmente que os meus dereitos rematan onde empezan os do outro.
Eso téñoo ben claro, pero o que non teño tan claro é onde está o límite.

Ese límite no que estou pensando non é un límite físico, un límite visible como pode ser o marco dunha leira ou o carril por onde debemos circular.

Está moi claro que ninguén quere que lle pisen os seus dereitos; pero …
-Na vida de familia:
¿Onde está o límite entre o que considera oportuno un pai ou unha nai con relación á educación dun fillo ou filla?

-En Educación:
¿Onde está o límite entre o que considera aconsellable o profesorado e o alumando?
Hoxe en día non é nada raro atoparse con nenos e nenas que se poñen “farrucos” e aínda é peor cando as pais atizan o lume.
Por eso está tan complicada a cousa.

-En Sanidade:
¿Onde esta o límite entre o que considera bo o persoal sanitario e o colectivo de pacientes?

-Nas relación interpersoais:
¿Onde está o límite entre o meu parecer e o da persoa interlocutora?
A vida é unha riqueza de incalculable valor, pero saber xestionala non é cousa nada fácil.

¿Cómo lle vai resultar doado a unha familia educar-los seus descendetes nos valores tradicionais se o mundo bombardéaa polos catro costados?
Os pais aconsellan levar unha vida moderada; pero a vida vai moi acelerada.

Para que sexan “como todos ou máis que todos”: cómpranlles canto máis cousas mellor e ocúpanse máis dos bens materiais -que se ven a primeira vista- que dos intelectuais e morais que non saltan tanto a primeira vista.
Nunha palabra: vívese de apariencias.

Os pais din: cando eu era un neno ou unha nena, trataba a meus pais daquela maneira tan respetuosa; pero agora eu quero ser un amigo ou unha amiga para os meus fillos e fillas.

Os fillos din que eso xa pertence á prehistoria que agora teñen moita preparación e … son capaces de comerse o mundo.

Si, si… que teñan moito tino para que o mundo nos os coma a eles.
A máis dun lle ten pasado.
Non fai falta ir moi lonxe para ver casos así.
Na educación pasa máis do mesmo.

Agora o profesorado para que sexa bo ten que poñerse á altura do alumnado porque así seica se acortan as distancias…
Acortar distancias si.
Chegar canto máis cerca da alma do alumnado, si; pero uns límites ten que habelos.
Penso eu.
¿A vostede que lle parece?

Certo que o profesorado aprende moito do alumnado, pero realmente quen está para ensinar é o mestre, para eso é o mestre, para eso ten máis coñecementos e… para eso está aí.

A persoa do alumno deber ser moi respetada; pero a do profesor, tamén.
¡Só faltaría..!
¿E na Sanidade?
¿Qué está pasando na Sanidade?

Hai casos nos que o paciente ou a súa familia quere saber máis que o profesional que tivo que estudiar duro un mínimo de seis anos dunha carreira moi difícil e face-lo MIR se quere traballar na Seguridade Social.

Tamén hai casos nos que botan a culpa dos males ó persoal sanitario; cando xustamente o persoal sanitario está aí para poñer remedio ós males na medida das súas posibilidades.

¿A quen non lle gusta ter confianza no médico?
Está moi claro que a todos nos gusta que o médico sexa unha persoa próxima, que nos explique ben as cousas (ata onde nós poidamos entender, claro) e que o faga o mellor que poida; pero entre o médico e o paciente tamén ten que haber uns límites.
¿Ou non?

Os límites nas relación ordinarias da vida diaria aínda son máis difíciles definir:
Cada persoa ten un parecer diferente.
Cada persoa é única.
Cada persoa pensa que ten a razón.
Cada persoa…
Por eso son tan difíciles as convivencias.

E non falemos de límites entre os partidos políticos.
Deso: os españois sabemos moito.
Para poñer remedio a estes problemas de límites, dicimos que hai que respetar.
Respetar é unha palabra con moito significado. O respeto é algo fundamental, pero de tanto falar de respeto…a veces penso se non teremos esa palabra algo gastada.
Falamos máis que nunca de respetar; pero… ¿respetamos realmente?

¿RESPETAMOS OU DEIXAMOS CORRER..?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión, poñendo límites ás súas ocupacións para ler estas reflexións.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES