Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na primeira fila, o alcalde

martes, 05 de diciembre de 2006
¿Onde rematan as témporas e comeza a retagarda?. ¿Onde acaba a defensa da institución e comeza o intento de acomodación dos traseiros municipais na primeira fila do salón de actos do edificio da Xunta en Lugo?.

Só o Alcalde PSOE tiña reserva na primeira fila dun acto organizado por unha Consellería BNG. Pero, onde figure un Alcalde, está representada a institución, e ninguén máis fai falla para que o Concello estea digna e legalmente presente.

O resto é corporativismo ou amiguismo político non privativo de ningunha cor, que todos poden caer na tentación.

Lembro un renuncio importante, hai arredor dun cuarto de século, coa Ucd no goberno, cando unha rolda de prensa de Calvo Sotelo, entón Ministro das estradas, se celebrou na sede do Partido en vez de no Goberno Civil. Falando alí da N-VI, tan ricamente. Confusión onte e agora entre o partido e o goberno, entre a amizade e o dereito, entre a firmeza e a perrencha.

O protocolo é importante. Pero a primeira regla do protocolo sinala que a unha institución só pode representala unha persoa. Na primeira fila, o Alcalde. E así chega.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES