Unha hora menos en Galicia
Editorial - martes, 05 de diciembre de 2006
O Bloque en Galicia ten comezada unha revolución pacífica que a saber onde rematará, ou cando, ou con que.
Primeiro foron as Consellarías. É sabido que os cargos os detentan os Conselleiros, que representan institucións que se chaman para todo o mundo Consellerías, menos para o Bng que resultan ser Consellarías, ou sexa máis enxebre.
Nos rótulos oficiais non hai cambios, porque tendo en conta as Consellerías que detentan, as de Industria e Turismo, e Cultura e Patrimonio, e Vivenda e Agricultura, serían milleiros os indicadores a cambiar en toda a zona rural, en todos os monumentos, en tódolos polígonos industriais, en tódalas promocións de vivendas, en toda Galicia
E habería que cambiar centos de miles de carteis de sobremesa, e placas en edificios, en millóns de folios, tarxetas e formularios. E non hai economía que permitan facer un cambio así. Polo tanto, as rotulacións oficiais proclaman Consellería, en tanto que algunhas notas de prensa, e palabras e mencións, e carteis, din que se trata de Consellaría.
Agora, o da hora. Na Asamblea do Bng desta fin de semana, un militante de Ourense presentou a proposta de pedir para Galicia unha hora diferente, coma a de Portugal, coma a de Canarias.
A Radio Galega, que en tempos proclamaba Son as doce da mañá no centro do ceo e máis da terra, podería dicir: Son as doce da mañá en España. As once, en Canarias e Galicia. ¡Que maneira de camiñar cara a independencia!.
E a vida segue. E seguiría, se eso se consegue. Porque o Bng ten a virtude da persistencia, e arreglar en privado as súas diferencias, e o que noutros grupos principais produciría diferencias insalvables e rupturas irremediables, aquí só provoca unión e ansia de camiñar xuntos, de esquecer feridas e presentar hacia o exterior imaxe monolítica.
En Galicia, o Bng pide unha hora menos. Pero como grupo político ten demostrado estar ó día, estar á hora, e camiñar firme hacia diante sen dar lugar a críticas ou dúbidas.
Ó mellor o 2007 vai ser o ano do Bng. E Galicia non vai ter unha hora de retraso. Vai estar á hora da península, ou vai ir unha hora por diante.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora