Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ars dedicandi: Manuel García Paz

lunes, 30 de mayo de 2016
A figura de Manuel García Paz é unha das tantas que agardan ser recuperadas nas nosas letras. Nacido en Compostela o 26 de maio de 1895, tivo unha vida azarosa na que, logo de estudar na súa cidade natal, marchou vivir a Vigo para, aínda mozo, comezar a traballar de aprendiz no Faro de Vigo primeiro e logo en Nueva Prensa de Heraclio Botana.

Iniciou a carreira eclesiástica, que logo abandonou en favor de Filosofía e Letras para facerse profesor de instituto, oficio que exerceu en diversas localidades de Galicia e fóra dela, pois xubilouse en Pozoblanco, Xaén, o mesmo lugar no que finou en 1990 afastado da vida literaria que cultivou cando novo.

Como autor, á parte dun conto en Nós (“O abade Mouriño”) do ano 1931, é lembrado pola narración IV Melodía. Desfíe de campesiñada galega, libro de 1935 publicado en Ourense con prólogo de Jacinto Santiago, profesor nesta cidade da Escola Normal primeiro e da Escola de Artes e Oficios despois.

Xustamente este volume é o que aquí figura dedicado a un terceiro profesor, Antonio Couceiro Freijomil, para máis sinais inspector de Ensino, de aí que nas liñas que lle escribe García Paz o trate de “compañero”.

É sabido que Manuel García Paz deixou escritos outros tres libros ou Melodías. Oxalá algún día se recuperen, pois, como parte do patrimonio literario galego, son un ben comunal que merece coñecerse.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania